Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2020 | Actualizada ás 19:08
O líder dos Suaves, José Manuel Domínguez Álvarez, máis coñecido como Yosi, será comendador da LII Feira do Cocido xunto co alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida, e a gañadora do Goya á Actriz Revelación, Bendicta Sánchez.
Segundo informa o Concello de Lalín este luns, Yosi convértese no quinto comendador confirmado para a Feira do Cocido xunto co mandatario popular, a actriz lucense, o catedrátrico de Nutrición Gregorio Varela e a xornalista Sonsoles Ónega, quen será a encargada de dar o pregón das festas.
O músico ourensán liderou durante décadas a lendaria banda de rock Los Suaves, que compartiu escenario con artistas como The Ramones ou The Rolling Stones, entre outros.
"Yosi é unha lenda do rock nacional, polo que será unha honra telo como Comendador do Cocido", destacou o rexedor lalinense, José Crespo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.