Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2020 | Actualizada ás 19:16
O BNG demandou que o Goberno central faga as xestións necesarias para que o buque 'Blue Star', que encallou en Ares, sexa reparado "integramente" nas instalacións de Navantia na ría de Ferrol "en compensación polos prexuízos causados".
O 'Blue Star', que permanece desde mediados do mes de decembro nun dos diques de Navantia Ferrol, abandonará nos próximos días estas instalacións, tras decidir o seu armador non executar a reparación, e trasladarse a Turquía.
O deputado nacionalista Néstor Rego rexistrou no Congreso unha proposición non de lei para que leve a cabo esta reparación para "transformar un accidente marítimo en emprego" nun sector afectado pola falta de carga de traballo.
Este accidente na ría de Ares "evidencia unha vez máis a fraxilidade e vulnerabilidade da costa galega", "sempre en risco de sufrir catástrofe ambientais polo elevado tráfico marítimo que soporta", dixo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.