Piden ata 5 anos de prisión para seis acusados de pedir créditos a nome de terceiros e non pagalos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2020 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará entre este martes e este xoves a seis sospeitosos dun delito de estafa por solicitar créditos e préstamos a nome de terceiros e non pagalos. Cinco dos autores enfróntanse a penas de prisión de tres anos e sete meses, mentres que un sexto enfróntase a un total de cinco anos e un mes por cometer tamén un suposto delito de falsidade documental.

Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos realizáronse a través dunha sociedade constituída en abril de 2004, con domicilio social en Madrid pero con dúas oficinas abertas na Coruña.

A través desta entidade, indica o Ministerio Público, os acusados A.C.S. e JL.L.A., actuando "con ánimo de obter un ilícito beneficio", contactaron con terceiras persoas para, a cambio dunha comisión, ofrecerlles a posibilidade de solicitar ao seu nome varios préstamos e créditos.

Así, os presuntos autores dos ilícitos aseguráranlles que a entidade se faría cargo de forma íntegra das cotas dos créditos, pero isto finalmente non ocorría, asegura Fiscalía.

Nestes feitos, ademais de A.C.S. e JL.L.A., colaboraron os acusados AM.L.F., JM.C.F., JM.G.D. e J.F.V., quen tamén interviñeron na solicitude de préstamos a nome de terceiras persoas co obxectivo de non efectuar o pago.

Por todos estes feitos, o seis permanecen acusados por un delito de estafa polo que Fiscalía pide unha pena de prisión de tres anos e sete meses. Ademais, para JM.G.D. pídese outro ano e medio adicional de cárcere por un delito de falsidade.

Audiencia Provincial da Coruña
Audiencia Provincial da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta