Luís Villares anuncia o seu adeus á política para regresar ao seu posto como xuíz

Pide unha candidatura unitaria e carga contra Podemos, EU e Anova por antepor os seus intereses aos da cidadanía. "Non entendo por que nos temos que enfrontar as mareas co BNG, Anova, Podemos ou mesmo co PSOE. Por que non unha lista de ideas? Dá a sensación de que importamos nós máis que a xente á que dicimos servir", asegura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2020 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, anunciou o seu adeus á política para regresar ao seu posto como maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), cargo que abandonou en 2016 para ser candidato do partido instrumental á Presidencia da Xunta.

Catro anos despois e en pleno debate de como concorrerá ás eleccións o espazo político antes agrupado ao redor de En Marea, Villares informou de que non presentará candidatura ao proceso de primarias da súa organización, que aínda non definiu se estará na cita coas urnas do próximo 5 de abril.

Arroupado polos membros da dirección de En Marea e visiblemente emocionado, o maxistrado en excedencia fixo un chamamento a que exista unha candidatura unitaria do espazo político, á vez que aproveitou para cargar contra as "cúpulas" de Podemos, EU e Anova, ás que culpa de antepor os seus intereses aos da cidadanía.

O portavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Luís Villares, pousa tras unha entrevista con Europa Press no Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela/Galicia (España) a 16 de xaneiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo / Europa Press
O portavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Luís Villares, pousa tras unha entrevista con Europa Press no Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela/Galicia (España) a 16 de xaneiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo / Europa Press

"Sabía que o meu paso pola política era temporal, como debe selo para calquera cidadán. Non vin perpetuarme no cargo. Vin facer política, non a ser político", aseverou Villares tras confirmar que non estará nas primarias que En Marea prevé activar a próxima semana, unha vez conclúa o prazo para o rexistro de coalicións --farao este venres-- e se definan as posibles alianzas para unhas eleccións, nas que segundo fontes da organización, confirman que estará En Marea.

O maxistrado en excedencia repasou o que foron estes case catro anos desde que, no verán de 2016, aceptou a oferta para encabezar a candidatura de En Marea nas autonómicas do mes de setembro. "Chamáronme e alí fun, coa convicción de que había trampa", aseverou Villares, que asegurou que dixo 'si' á proposición convencido de que o proxecto era "plural" e "puña ás persoas por encima" dos partidos.

Con todo, cre que as "cúpulas" das organizacións "impediron que a alternativa acabase florecendo". Segundo Villares, as direccións de Anova, Esquerda Unida e Podemos vírono como "un intruso" e "non entenderon" que priorizase "a ética" e as "ideas" por encima "dos intereses de parte".

A continuación, afirmou que estes partidos decidiron abandonar En Marea "porque foron incapaces de dominar á cidadanía organizada". "Na vella pugna entre a cidadanía e a clase política, os que somos cidadáns antes que políticos pagámolo caro", destacou Villares, que atribuíu aos partidos "da nova política" empregar "escusas" para "facer o de sempre" e así imporse á "sociedade civil" á que, di, apelaron para participar en política nun contexto de crise económica e social.

CANDIDATURA DAS AUTONÓMICAS

"Hoxe estamos na mesma casa de saída", dixo Villares en relación á situación do espazo político, que podería concorrer ás urnas representada ata en tres papeletas diferentes. Para o maxistrado lucense, as diferenzas residen "nunha desbocada disputa de cadeiras de brazos", o que está "por encima de crear un proxecto político solvente e crible para Galicia".

"No canto de estar no combate de ideas estamos nun combate de postos. Isto é lamentable. Nestes días non atopei ningunha razón programática que impida un acordo para que a esquerda concorra unida", incidiu antes de facer un chamamento a "cambiar a forma de facer política no país", xa que considera que estas dinámicas "condenan a non poder ser alternativa ao PP".

"Non entendo por que nos temos que enfrontar as mareas co BNG, Anova, Podemos ou mesmo co PSOE. Por que non unha lista de ideas? Dá a sensación de que importamos nós máis que a xente á que dicimos servir", insistiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

16 Serese

Vaise sen lograr cumprir a encomenda beirista de rematar de destruir o nacionalismo galego e entregar os seus restos a Pablo Iglesias, polo cal debemos congratularnos. Ata nunca maxistrado.

15 Recusación

Yo de sus enemigos políticos no estaría muy tranquilo si me tocara ahora como juez.

1 Xesús González Domínguez

Primeiro.- Dita afirmación é un claro prexuízo de quen non o coñece, e aínda así no caso de dúbida (sempre cabe a abstención por parte del, q o fará sen dúbida ningunha e a recusación -no hipotético caso de q non o fixera-, por parte deses "enemigos políticos".

14 Bateiro

Así nos vai os galegos e en especial ó proxecto de nazón. Para vos o culpabel de todo é a UPG e o BNG, ainda das liortas e erros nos que no está metido. Tirades a matar contra todos. Pero o peor é que tirades contra os do voso mesmo bando. Para qué vanse molestar na mafia pepeira se xa lle facedes o traballo? Non vexo diferenza entre vos e os nazis de ciudadanos e vox. Así temos feijoo e a mafia do pp para moito tempo. Eles esnaquizan o país por non facer nada, pero mirándovos se tedes ocasión o descuartizades antes de chegar a gobernar. O colonialismo espanhol e as suas forzas de terror e ocupazón están moi tranquilas téndovos a vos como os "gardeses da nazón". Non precisan molestarse para esnaquizar calquera intento de nazón, xa o facedes vos socinhos. Logo vos laiades de que o pobo vos dea a espalda?. O que non entendo é como non vos dan de ostias canda saides a rúa. Un aplauso para todos polos vosos comentarios e o bonfacer.

13 Escarnasedo

O BNG vive inmerso no Papontanismo. Agora cae En Marea e o asunto non ía con eles. Adeus as Frontes, vivan os carguitos. O povo asqueado. Obrigado Villares.

12 nostrus

Imaxino que a ningún pepeiro lle gustaria cair nas maos deste xuiz, inda que fose un xuiz xusto, agora que se lle viu o plumeiro. Polo menos deberia ser obrigatorio ter que pasar un tempo antes de voltar, inda que se houbera decencia sempre se poderia facer inda que non fose obrigatorio.