Luís Villares anuncia o seu adeus á política para regresar ao seu posto como xuíz

Pide unha candidatura unitaria e carga contra Podemos, EU e Anova por antepor os seus intereses aos da cidadanía. "Non entendo por que nos temos que enfrontar as mareas co BNG, Anova, Podemos ou mesmo co PSOE. Por que non unha lista de ideas? Dá a sensación de que importamos nós máis que a xente á que dicimos servir", asegura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2020 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, anunciou o seu adeus á política para regresar ao seu posto como maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), cargo que abandonou en 2016 para ser candidato do partido instrumental á Presidencia da Xunta.

Catro anos despois e en pleno debate de como concorrerá ás eleccións o espazo político antes agrupado ao redor de En Marea, Villares informou de que non presentará candidatura ao proceso de primarias da súa organización, que aínda non definiu se estará na cita coas urnas do próximo 5 de abril.

Arroupado polos membros da dirección de En Marea e visiblemente emocionado, o maxistrado en excedencia fixo un chamamento a que exista unha candidatura unitaria do espazo político, á vez que aproveitou para cargar contra as "cúpulas" de Podemos, EU e Anova, ás que culpa de antepor os seus intereses aos da cidadanía.

O portavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Luís Villares, pousa tras unha entrevista con Europa Press no Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela/Galicia (España) a 16 de xaneiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo / Europa Press
O portavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Luís Villares, pousa tras unha entrevista con Europa Press no Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela/Galicia (España) a 16 de xaneiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo / Europa Press

"Sabía que o meu paso pola política era temporal, como debe selo para calquera cidadán. Non vin perpetuarme no cargo. Vin facer política, non a ser político", aseverou Villares tras confirmar que non estará nas primarias que En Marea prevé activar a próxima semana, unha vez conclúa o prazo para o rexistro de coalicións --farao este venres-- e se definan as posibles alianzas para unhas eleccións, nas que segundo fontes da organización, confirman que estará En Marea.

O maxistrado en excedencia repasou o que foron estes case catro anos desde que, no verán de 2016, aceptou a oferta para encabezar a candidatura de En Marea nas autonómicas do mes de setembro. "Chamáronme e alí fun, coa convicción de que había trampa", aseverou Villares, que asegurou que dixo 'si' á proposición convencido de que o proxecto era "plural" e "puña ás persoas por encima" dos partidos.

Con todo, cre que as "cúpulas" das organizacións "impediron que a alternativa acabase florecendo". Segundo Villares, as direccións de Anova, Esquerda Unida e Podemos vírono como "un intruso" e "non entenderon" que priorizase "a ética" e as "ideas" por encima "dos intereses de parte".

A continuación, afirmou que estes partidos decidiron abandonar En Marea "porque foron incapaces de dominar á cidadanía organizada". "Na vella pugna entre a cidadanía e a clase política, os que somos cidadáns antes que políticos pagámolo caro", destacou Villares, que atribuíu aos partidos "da nova política" empregar "escusas" para "facer o de sempre" e así imporse á "sociedade civil" á que, di, apelaron para participar en política nun contexto de crise económica e social.

CANDIDATURA DAS AUTONÓMICAS

"Hoxe estamos na mesma casa de saída", dixo Villares en relación á situación do espazo político, que podería concorrer ás urnas representada ata en tres papeletas diferentes. Para o maxistrado lucense, as diferenzas residen "nunha desbocada disputa de cadeiras de brazos", o que está "por encima de crear un proxecto político solvente e crible para Galicia".

"No canto de estar no combate de ideas estamos nun combate de postos. Isto é lamentable. Nestes días non atopei ningunha razón programática que impida un acordo para que a esquerda concorra unida", incidiu antes de facer un chamamento a "cambiar a forma de facer política no país", xa que considera que estas dinámicas "condenan a non poder ser alternativa ao PP".

"Non entendo por que nos temos que enfrontar as mareas co BNG, Anova, Podemos ou mesmo co PSOE. Por que non unha lista de ideas? Dá a sensación de que importamos nós máis que a xente á que dicimos servir", insistiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

11 Desfeita

Seguide insultando Villares. Non terá cabelo nin carisma, mais foi o único que tentou liberar En Marea da etiqueta de “marca de Podemos en Galicia”, etiqueta que Anova e os alcaldes mareados consentían gostosos, e agora é o primeiro en converter a declaración retórica “o importante non son os nomes” nun feito. Os Antóns, Martiños e Xulios que sigan pelexando: sendo todos homes, só hai lugar para un na cabeza de lista da Coruña; o seguinte, polo sistema de cremalleira, irá de número 3, ou sexa, inelixíbel.

1 Fran Correa

Pois si, desta non chupa o Antón ou non ocupa escano o Martiño. O negocio de ser comparsa de Izquierda Unida-Podemos non dá para máis! Servir a Madrid xa non sempre resulta, sobre todo co vento en contra e a marea baixa e cando as contradicións afloran no poder: nos con ellos fracasaron e nos ministerios están para aplaudir ao Borbón e consolidar a Pedro Sánchez! Guste ou non, Villares foi o único decente que pasou pola política galega nas última décadas.

2 Bye, e non volvas

É curioso ver como os trolls do BNG que insultaban a Villares en 2016, agora en 2020 non paran de botarlle flores. Polo visto "tentou liberar En Marea da etiqueta de marca de Podemos en Galicia”, pero claro, para "liberar En Marea" púxoa en mans dos mesmos que se cargaran AGE e deixou fóra a Anova, EU e Podemos, é dicir, aos mesmos que fundaron En Marea como coalición en 2015. Un xenio, si, pero do mal. Agora recibe louvanzas do BNG, que lle chama "o único decente". Curioso concepto da decencia.

3 Fran Correa

Si, rupturista de espellos, decencia é a burla do video difundido nas redes de Paula Quinteiro, Rafa Dopico e Balsa entoando "Villares hijo de_puta", co boicot da reunión dos compañeiros onde había que estar a render contas do salario e do traballo realizado como cargos públicos (hemerotecas de finais de marzo de 2018). E supoño, rupturista virtual a soldo de España, que se escribo 'o ÚNICO decente" implica que no BNG non son limpos. Desprezando unha parte da sociedade que queremos cambio e queimando a xente crítica ides chegar lonxe o 5A. No fondo moitos presuntos rupturistas sodes máis conservadores dos privilexios, máis casta máis e amigos do enchufismo e do clientelismo que os do Partido Podre!

4 Desfeita

Bye e non volvas: Quen é troll do BNG? Quen insultaba Villares en 2016? De verdade na túa sectiña non vos ensinan máis argumentario que botar mentiras ao chou? E despois desa demostración de cualidades pretendes que a cidadanía vos vote?

5 Bye, e non volvas

Os trolls hiperventilando histéricos é a mellor prova do acerto no comentario. Moi histéricos se poñen cando son cachados. XDDDDDDD

6 Praceres

O rupturista repite e insiste cos 'histéricos', a enfermidade inventada en tempos escuros para domesticar unha parte da poboación. Nótase que aprendeu os métodos de sometemento e anulación da persoa na vella escola da caspa e da casta. Polo empeño en silenciar disidentes, debe ser, polo menos, liberado! Prova a engadir a histéricos outras lindezas, por exemplo desviados, mariquitas, masóns, féminas, débiles mentais, gagas... Non sei, mais semella que a algún xa se lle nota mexada a calza...

10 Gamela

Lástima non tomar esta decisión o 28A que era cando podía ter repercusión de cara a lograr algún tipo de UNIDADE! Pero o mesmo Villares estivo a marear ate o último minuto ! Agora xa pode tomar café co seu amigo Mario López-Rico e celebrar os resultados do BNG-UPG ! Sen tempo non foi... e que marche sen dar portazos, que xa fixo o ridículo bastante !

1 Alienao

O que ven sendo unha merenda de negros.

9 Bng lacaios de Santi Rey

Chamárono para liderar unha candidatura unitaria e acabou destruindo todo o espazo político aliándose con tránsfugas, paracaidistas e traidores. Ten unha capacidade de destrución superior á de calquera coronel da UPG. Que marche pronto e desapareza para sempre.

8 a tope ¡¡¡

Este señor meréceme o máximo respecto. Moita da xente que o critica non ten nin o bachiller... pero claro se te metes en política xa eres de facto enxeñeiro da nasa con master en todo o que sexa necesario... así imos pola vida, cheos de pa le tos metidos a política a forrarse... logo a xente se pregunta porqué goberna aiquí o pp... voume rir moito o 5A.

7 Geronimus

Algo que no se debería permitir: las puertas giratorias entre política y función pública. En otros países es inimaginable que un funcionario, que se debe caracterizar por su independencia y no digamos un juez, entre en la política y cuando se canse vuelva a su puesto de funcionario.

1 patético

Esto usted lo dice por los miles y miles de funcionarios que se pasan al pp, o es que a esos usted no los conoce, o estos si pueden hacer las dos cosas... que cara dura tiene la gente...

2 PP, o das

"Geronimus" non ten idea do que é unha "porta xiratoria". Voltar á antiga profesión não o é. "Porta xiratoria" é favorecer desde un cargo público a unha empresa para despois, abandonada a política, entrar a traballar nela con un salario elevado. Prática moi habitual nos dirigentes do PP.

3 Poncio

Geronimus ti Europa coñécela pola TV. E do resto xa nada. Só faltaría que un xuíz non poda voltar á súa profesión. Porta xiratoria é o que fixo a señora Mato ao ir para a fundación Greenalia despois de modificar unha lei para levantar plantas de biomasa de 50 MW cando o máximo eran 10. Greenalia ten unha en Curtis de 50 porque cremos nas coincidencias.

4 vaia chorrada

Tes razón os xuíces non poden presentarese ás eleccións, nin os avogados, nin os fontaneiros, nin os dentistas,........unicamente poden presentarse os electricistas, que teñen moita chispa....gha, gha, gha.....