Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/04/2025 | Actualizada ás 13:03
O PSdeG esixe coñecer o prezo do acto convocado pola Xunta no primeiro aniversario da toma de posesión de Alfonso Rueda como presidente da Xunta e pregunta "quen pagou", tendo en conta que na "celebración" había "cargos destacados do Partido Popular en primeira liña".
En rolda de prensa, o portavoz da Executiva do PSdeG, Julio Torrado, tachouno de "acto de vasalaxe" e "autoloa". "Queremos saber se ese acto pagouno o PP ou se pola contra pagouno o Goberno da Xunta", subliñou. No caso de que fose sufragado con diñeiro público, criticou que "todos" o entenderon como "un acto de celebración do PP", xa que na Cidade da Cultura "falouse das políticas do PP, con cargos do PP en primeira liña". En todo caso, insistiu en requirir "cal foi o prezo dese acto e quen o pagou", xa que "non debería ser difícil a resposta" a estas cuestións.
Para Torrado, "o PP ten obsesión por celebrar" o poder, e ironizou con que "pronto se celebrará o San Alfonso tamén". O acto deste martes equiparouno cun "de vasalaxe ante o señor feudal" e tamén o viu "de beneficencia", ambos os "conceptos que están fóra da dinámica pública".
Así, criticou que se fixese "comparecer a persoas para que fagan unha loa do Mesías", ao entender que "non encaixa na política actual" nin "na sociedade actual". Falaron, censurou, "para render pleitesía" e a xuízo do socialista "faltou que Rueda estendese a man e bicásena un por un".
CRÍTICAS PILAR ALEGRÍA
O PSdeG acusa ao PP de Galicia de ser "o maior inspirador" da "mofa" ante o machismo "despreciable" que estes días actuou contra a portavoz do Goberno, Pilar Alegría. En rolda de prensa, o portavoz da Executiva do PSdeG, XulIo Torrado, advertiu de que "o pero é machismo" e instou aos populares a non "instrumentalizar" o machismo, porque "é despreciable sempre".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.