O BNG promete derrogar o decreto do plurilingüismo se chega á Xunta

Ana Pontón apela á "rebeldía" de Rosalía de Castro para "deixar atrás esa década escura" do PP na Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2020 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia



A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou este luns a figura da escritora Rosalía de Castro, unha muller "feminista, galeguista" e "moi avanzada no seu tempo", e apelou á súa "rebeldía" para "deixar atrás esa década escura" do PP de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta.

Así o expresou a líder nacionalista durante unha homenaxe organizada polo Bloque fronte ao busto da soada poetisa situado emna Praza de Vigo, en Santiago de Compostela. E é que este 24 de febreiro cúmprense 183 anos do seu nacemento.

En plena precampaña electoral, Ana Pontón valorou que Rosalía de Castro "encarna eses valores que o BNG quere pór en marcha a partir do 5 de abril": "Unha Galicia orgullosa da súa identidade, de ter unha lingua e cultura propia. Unha Galicia que aposte por mirar cara a adiante e aposta pola modernidade".

Co reto de "deixar atrás" os case 11 anos de Feijóo como presidente da Xunta, a candidata do Bloque nos comicios autonómicos apelou ao "espírito" e á "rebeldía" rosalianos para "abrir un tempo novo" na Comunidade "que signifique abrir modernidade, autoestima e apoio" á identidade galega.

"DECRETO DA VERGOÑA"

Para iso, a líder frontista ve "necesario" derrogar o "decreto da vergoña", tal e como denominou ao polémico decreto do Goberno galego que en 2010 estableceu o plurilingüismo na educación non universitaria. "Prohibe o uso do galego en materias como as matemáticas e fai que hoxe teñamos a situación do galego nunha encrucillada", explicou.

Así, Ana Pontón aposta por "pór en marcha unha nova política lingüística que apoie á normalización" da lingua propia e que, ademais de derrogar ese decreto, avance "para defender con orgullo" a identidade de Galicia tras "11 anos de políticas lengüicidas".

"Cremos que este 5 de abril temos que apelar a esa rebeldía rosaliana para que todos os galegos que queren que a nosa lingua teña futuro apoien ao BNG nas urnas, porque é a garantía de pór en marcha unha política lingüística que poña fin a estes anos de ataques á lingua galega", remarcou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e un grupo de militantes pousan fronte ao busto de Rosalía de Castro en Praza de Vigo, en Santiago, polo 183 aniversario do seu nacemento.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e un grupo de militantes pousan fronte ao busto de Rosalía de Castro en Praza de Vigo, en Santiago, polo 183 aniversario do seu nacemento. | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 urco

Só existe liberdade de elecçom com conhecimento prévio das línguas. Os espanholistas supremacistas nom estám pola liberdade, está poço genocídio lingüístico do galego.

3 urco

Só existe liberdade de elecçom com conhecimento prévio das línguas. Os espanholistas supremacistas nom estám pola liberdade, está poço genocídio lingüístico do galego.

2 Dalle que libras

Xa estivo na Xunta. O BNGuai xa estivo na Xunta

1 nostrus

"O BNG promete derrogar o decreto do plurilingüismo se chega á Xunta". Si, eso es perfectamente creible. Lo que no sería creible es que el bloque apostara por la libertad lingúisitica y que cada gallego se exprese en la lengua que prefiera. Menos mal que no pueden hacer todo el daño que quisieran porque la Constitucion nos protege y si queremos podemos mandarlos a la m.

1 Sentidiño

Artigo 155 da CE: "Se gañan os outros, podemos mandarlos a la m."

2 yes

Por iso está prohibido dar matemáticas en galego, protéxete a Constitución...