Médicos eventuais da área de Santiago reclaman a consolidación das súas prazas

Os facultativos reclaman a posta en marcha dun plan que elimine a súa eventualidade. Por outra parte, usuarias da Baña piden que non se rebaixen as horas de atención da matrona do seu centro de saúde.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/03/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O colectivo F.E.As (Facultativos Especialistas de Área) dos hospitais da área de Santiago de Compostela, concentráronse este mércores para pedir ao SERGAS que consolide as súas prazas eventuais.

Concentración de facultativos eventuais no CHUS
Concentración de facultativos eventuais no CHUS | Fonte: FEAs

Desde F.E.As sinalan que numerosos facultativos e facultativas de especializada, están empatando contratos eventuais durante anos, sen que haxa visos de que a situación cambie. Consideran que se está a ocultar a súa situación por motivos económicos. “Consolidar unha praza dá uns dereitos laborais e económicos que o SERGAS non está interesado en que se cumpran”

A BAÑA

Por outra parte, usuarias do centro de saúde da Baña entregaron máis de 600 sinaturas para que o servizo de matrona se rebaixe de 20 a 15 horas semanais. Estas sinaturas súmanse ás máis de 500 que se entregaran hai case 20 días.

Xunto a isto piden explicacións á Xerencia da área sanitaria pola apertura do centro de saúde os sábados, días en que non se rexistra actividade. Consideran que é un gasto innecesario de diñeiro público desde o SERGAS e o Concello da Baña. Ademais, tamén preguntan por que ao estar o centro aberto os sábados, só hai un PSX e unha matrona. Desta maneira reclaman máis persoal para atención de emerxencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta