Coronavirus

Non ai moito escribín un artigo no que pensaba que detrás do coronavirus tiña que haber unha motivación económica, ou política... agora quero engadir que tamén ai unha motivación criminal.

Por Carlos González Armada | Vigo | 23/03/2020

Comparte esta noticia

O Covid19 ten unha taxa de mortalidade media entre o 1 e o 2%, e iso acumúlase en persoas con patoloxías graves previas, especialmente nas persoas maiores, o maior problema do virus é o alto índice de contaxio, que na gripe é de 1 ou 2, e no Covid19 está entre o 4 e o 6

Por iso, é necesario que a poboación colabore, que quede na casa, que respecte as normas. Particularmente creo que, en función da particularidade do virus, si se actuara antes, illando totalmente os grupos con maior risco, medicalizando estes centros como se non oubese un mañá, todo este confinamento non tería sido necesario...claro, a toro pasado todos somos xenios

Non obstante o anterior, e a pesar de que para persoas saudables, sen patoloxías previas, o virus produce unha enfermidade similar a unha gripe forte, é necesario entender que todos somos potenciais transmisores, todos podemos transportar o virus e matar a alguén indirectamente

Aínda creo que a partir desta crise "alguén" vai gañar moitos cartos, creo que esta crise foi "creada", que alguén...pero a pesar disto agora é necesario atender ás recomendacións das autoridades médicas para evitar a propagación...é necesario quedar na casa e respectar o encerro

Unha cousa si está claro, debemos aprender disto, debe ficar claro para nós que a sanidade pública debe ser máis poderosa, que os partidos que a privatizan deben pagar en votos as súas políticas erráticas e absurdas. A falta de recursos que agora serían necesarios é exclusivamente culpa do partido popular

Os cidadáns deberían considerar seriamente cando voten que, non só o PP privatizou unha parte do sistema sanitario, que recortou recursos, senón que VOX quere emprender accións aínda máis restritivas que o propio PP, que para estes da reaccionaria e extrema dereita hoxe só se salvaría o cidadan saudable ou os que tivesen cartos para pagar un bo médico privado

Todo isto haberá que avalialo despois, cando termine todo, hoxe o importante é vencer a Covid19, e para conseguilo só temos que, independentemente da ideoloxía da que sexamos, cumprir as instrucións dos científicos, prestar atención ao confinamento, ao illamento físico, a quedar na casa ... #EuFicoNaCasa, e ti?

Test realizado desde coche no Hospital Meixoeiro de Vigo para a detección do coronavirus COVID-19
Test realizado desde coche no Hospital Meixoeiro de Vigo para a detección do coronavirus COVID-19 | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA