Por Carlos González Armada | Vigo | 16/05/2020
Cando a doenza avance e as fases da doenza se igualen, observarase que os gobernos de extrema dereita do Reino Unido, Estados Unidos e Brasil, serán os peores xestores da crise, serán os que terán máis infectados, máis diagnosticados, máis mortos e máis mortes por millón.
Cando a economía avance e a recuperación se produza con rapidez e todo volva á normalidade, miraremos cara atrás e por desgraza só haberá números e estatísticas, aquelas que dirán que España o fixo tan ben ou tan mal, como Francia, Bélxica, Suecia, Holanda, Canadá, Rusia, etc ... que os peores xestores desta crise serán os gobernos de extrema dereita (Estados Unidos, Brasil ou Reino Unido), e que o exemplo a seguir da xestión de crise, pero tamén económico será Portugal, cun goberno de esquerdas
Daquela non haberá caldo de cultivo para crear un golpe de estado, algo que as deputadas de VOX xa promoveron en varias ocasións, ou que Ayuso insinuou na Asemblea de Madrid, ou que Casado quere para gobernar sen ter gañado as eleccións.
O certo é que en 2019 houbo 2 eleccións electorais, e as 2 gañounas o PSOE, gustara ou non, pero así foi. Houbo comicios europeos que gañou o PSOE e houbo municipais e rexionais que o PSOE gañou na súa maioría tamén.
Os demócratas respectamos a democracia, respectamos que sexa o pobo quen escolla...os demócratas deben demostrar que un goberno mellor é posible, como en Portugal, os demócratas deben dignificar a política e facela respectable, como xa o é en Portugal.
Aos antidemócratas reaccionarios cuxos intereses son só o seu peto, a aqueles golpistas que utilizan a constitución como obxecto de usar e tirar, eses que onte pediron que o 155 restrinxira as liberdades doutros, pero hoxe perxuran contra o 116 porque consideran que restrinxe as súas propias liberdades...a eses estáselles pasando o arroz con cada día que pasa, ese campo de cultivo esa a desfacerse, por iso están tan nerviosos