Dedicado a epidemiólogos con título de Facebook e máster en Twitter

Na actual pandemia do Covid 19 cabe preguntarnos se o goberno actuou tarde e, se asi foi, saber o por que.

Por Carlos González Armada | Vigo | 17/04/2020

Comparte esta noticia

A entrada en vigor das medidas do goberno foron condicionadas polo estado económico do país porque, para pechar un  pais a todo tipo de actividade económica é necesario ter unha motivación sanitaria consistente, non se pode facer porque 4, ou 40 persoas  tusan repetidamente... ademais é necesario ter o apoio  político e social da  oposición, como ocorreu en Portugal, e non o que ocorreu en España, cuxa  oposición e os seus medios de  comunicación afíns estiveron criticando desde un inicio calquera tipo de medida por ser esaxerada e desproporcionada e, segundo dicían eles, levarnos ao caos económico por un goberno que se estaba deixando levar polo pánico de forma inxustificada, co estigma de....“queren destruír o país"

Actuando eu como capitán a posteriori podo dicir que considero que a actuación mais correcta de toda Europa é a de Portugal...nós, como Francia, Reino Unido, Alemaña, etc, comezamos a actuar tarde, cando os datos xa comezaban a pintar feos...pero  tamén comezouse a actuar tarde porque ao ser un novo virus non se sabía exactamente cando e como actuar, porque aínda que agora a  maioría pasásedes de expertos adestradores de fútbol a expertos  epidemiólogos, aínda sen ter nin idea de que significan os anticorpos  IgM ou IgG, ou por exemplo que unha PCR detecta  particulas ARN do virus, ou de que hai dous tipos de test rapidos, (os  serolóxicos e os de  mucosa farinxínea)...ides explicarnos como se tiña que actuar e cando había que facelo.

Como todos sodes expertos  epidemiólogos saberedes que  tamen influíu na nosa tardía actuación que os chineses non nos dixeron toda a verdade, xa que desde aquela pasada epidemia do SARS existe en China un sistema de vixilancia e alerta rápida, que ao detectar un caso de pneumonía “estraña” obriga a comunicalo a Beijing, pero por medo a represalias e esas cousas estrañas deses réximes  totalitarios, os responsables de sanidade de Wuhan decidiron que estaban mellor calados, e  así estiveron ata que se lles foi das mans.

Agora sabemos que o virus podería estar a circular xa desde, entre agosto e setembro, polo que xa estaría dentro de Europa en Nadal, non se sabe aínda exactamente onde, pero se se sabe con certeza que esa foi a data de entrada en Europa que, aínda que tarde tomou medidas, mesmo Reino Unido que actúa coma os EEUU, ou Brasil, cuxos presidentes pediron non tomar medidas e esperar á inmunidade do rabaño

Por certo, que neses dous estados federais os gobernadores e alcaldes non fixeron caso dos seus presidentes e se adoptaron medidas, aínda que cada estado a súa, igual que a UE, cada estado a súa...por tanto non existe un protocolo unitario de  actuación, nin medico, nin  político, pero vós como expertos  epidemiólogos si sabedes que Fernando  Simón, que entre outros venceu ao Ébola, é un torpe e equivocouse, e o ministro de quenda un inútil

Respecto dos test rápidos dicir que poden detectar os anticorpos que son de dous tipos, ou miden as dúas Ig, ou soamente indican que hai anticorpos sen distinguilos, o cal é pouco sensible, e non  saberiamos en que fase está, se iniciando a infección ou se esta xa se pasou. Tambén hai que dicir que a sensibilidade dun test de diagnostico é a capacidade para clasificar como verdadeiros aos que lle fas o test...canta mais alta sensibilidade menos falsos negativos

O problema estriba en que o Centro Nacional de  Microbioloxía comprobou que a sensibilidade dos aparellos da proba rápida era de tan só un 30%, e por iso devolvéronse...os PCR tardan sobre 4 horas en dar o resultado e teñen un custo de entre 40 e 60 euros, polo que realizando 20.000 ao día e, tendo en conta que un  termociclador, (aparello que seguro coñeciades os  epidemiólogos de facebook), que é o aparello que se utiliza para facer os  PCR, custa outros10.000 euros...vos podedes facer idea do esforzo económico do estado, pero sobre todo o porqué unha sanidade publica ten que ter medios  económicos suficientes, e non recortes como ata o de agora

Hoxe sabemos que o virus se multiplica na garganta a niveis brutais. En aproximadamente nun 30% das persoas, (aínda que é relativo porque depende tamén das diferenzas xenéticas), o virus pode pasar ao pulmón. Entón as células que se encargan das nosas defensas observan unha inmensa carga  víral e soltan toda a artillería defensiva.

Como vedes todo sinxelo e  facilón, algo que se non se resolveu é porque o ministro de quenda é torpe, ou porque o “coletas” deu  ordes de eliminar aos maiores que son os que votan a dereitas e cren en Deus.

Que nos espera de fronte ao futuro?....salvo que os expertos  epidemiólogos de Facebook digan o contrario, eu podo afirmar con total rotundidade que non teño nin idea, pero claro iso é normal, eu non son  virólogo, nin  epidemiólogo, tan só son un pobre  Criminólogo que en base a eses estudos outorgáronme uns miserables coñecementos en Medicina Forense, sobre todo se os comparamos cos expertos  epidemiólogos de facebook

Non obstante o anterior se quero aclarar un par de cuestións.

Ilustración dixital do coronavirus
Ilustración dixital do coronavirus | Fonte: isglobal.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA