Por GC Tendencias | Galicia | 22/11/2012 | Actualizada ás 16:42
O canguro TUTU, a artelleira pulga NINA e os seus amigos comezan o seu camiño para converterse no primero producto transmedia infantil da vanguardista compañía galega Ficción Producciones. TUTU entra de cheo no mundo do videoxogo e os dispositivos móviles coa estrea dunha aplicación interactiva para iOS, Android e Windows, que foi presentada esta mañá en Santiago de Compostela. Os personaxes transmiten ós nenos os valores de tolerancia, respeto e superación personal e foron creados por un equipo de pedagogos e educadores.
A app, que permite gozar de catro xogos con tres niveis de dificultaed cada un, desenvólvese en diferentes escenarios e cos personaxes principales da serie. Dende o pasado 19 de novembro pódese acceder a unha demostración de forma gratuita na páxina web de TUTU. A versión para iPad e iPhone xa está dispoñible no Apple Store, o próximo 17 de decembro estará en Google Play para Android e en xaneiro para Windows na páxina web de TUTU.
O lanzamiento desta aplicación forma parte dunha estratexia multipantalla e transmedia que derivará na producción dunha serie de animación por ordenador (Tutu a serie), outra de marionetas con fondos virtuales (Tutu puppets) e tamén unha novedosa colección de libros. Actualmente ambas series se atopan en fase de producción e a súa distribución iniciarase en xaneiro de 2013.
TUTU parte da exitosa obra de marionetas “Rosalía a Pulga que escribía”. TUTU a serie constará inicialmente de 52 episodios de 7 minutos cada un. De capítulos autoconclusivos, plantexará un problema, tarea ou reto que resolverán Tutu o canguro motorizado, Nina a pulga e os seus amigos.
Un amplo equipo técnico formado por pedagogos e educadores participa na súa e desenvolvemento de contidos. Os xogos permitirán, mentres os nenos se divirten, unha introducción á lóxica matemática, aumento da atención, motricidad, etc. Ademáis en TUTU é especialmente importante transmitir ós máis pequeños os valores de tolerancia, respeto, traballo en equipo e superación persoal.
Julio Casal, productor e director de TUTU, CEO de FICCION, sinalou que "TUTU é un proxecto para preescolar de 360º que entrelaza educación e entretemento. Esperamos que os padres acollan con entusiasmo os xogos e se divirtan cos seus fillos, mentres estes desenvolven xogando as súas facultades mentales innatas”.
Actualmente FICCION atópase en negociacións para o lanzamento dunha líña de xoguetes TUTU e outros productos de licensing. Este gran proxecto de potencial internacional finalizará co lanzamento das series para TV e a implementación nas fichas educativas preescolares convencionais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.