A cuestión da lingua

Que galego se debe de utilizar; o da ILGa ou o da escola coruñesa de Freixeiro Mato?. O novo libro de Carlos Callón aposta por esta segunda opción. Crítica de Manuel Rodríguez.

Por Manuel Rodríguez Alonso | Cangas | 10/12/2012 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Título: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez

Presentación dun dos libros de Callón
Presentación dun dos libros de Callón | Fonte: snlzas.blogaliza.org

Autor: Carlos Callón

Editorial: Xerais

Lugar de edición: Vigo

Ano: 2012

Carlos Callón e Manuel Bragado
Carlos Callón e Manuel Bragado | Fonte: W.B.

Páxinas: 239

Carlos Callón publica un interesantísimo manual onde nos dá consellos para falar e mais escribir o galego dun xeito correcto e auténtico. Cómpre dicir que Callón desenvolve a concepción do seu galego ideal dentro das instrucións das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega de 2003. Mais, en contra do que adopta habitualmente como práctica a Real Academia Galega, Callón propón: Cando a normativa do galego ofreza dúas solucións, usa para o estándar aquela que se aproxime máis ao sistema lingüístico a que pertence: o galego-portugués (posíbel, Galiza, até…). (páx. 15)

Xa que logo, Callón propón unhas preferencias que van en contra das da propia RAG. Os autores de dicionarios denominamos información oculta aquela non elaborada que nos ofrecen dicionarios e gramáticos a través do seu propio texto e exemplos. Así nos casos exemplificados por Callón, aínda que a RAG admite as formas dobres posible-posíbel, Galicia-Galiza, ata-até, nos seus textos, dicionarios e sobre todo o texto da propia NOMIG opta sempre pola forma común co castelán ou máis próxima a el: Galicia, posíble, ata. Mesmo no último dicionario publicado como libro da propia RAG (o castelán-galego de 2004) non rexistra os adxectivos en bel, senón tan só os que rematan en ble. Así, por exemplo, como equivalente do castelán amable, o devandito dicionario académico só ofrece amable. Se consultamos este mesmo adxectivo no dicionario dixital académico de 2012 veremos que o que se define é amable e na entrada amábel os académicos remiten a amable. Na chamada información oculta iso interprétase no sentido de que, aínda que os dous termos son correctos, o preferido é amable.

Xa que logo, temos que situar as propostas de Callón nunha das dúas escolas que hoxe, dígase o que se diga, están a propor unha norma para o galego, aínda que ambas as dúas estean asumidas polas NOMIG. Desde o meu punto de vista, existe unha escola lingüística que é a do ILGa e a que domina neste momento na propia RAG, nada das concepcións de C. García e R. Lorenzo, que propón un galego máis baseado no galego realmente falado, por castelanista que este poida ser, e que adopta na práctica solucións comúns co castelán, como se pode ver nos tres casos devanditos. Este é o galego reflectido no propio texto das NOMIG e sobre todo nos dicionarios da RAG.

A que podemos chamar segunda escola galega está centrada na facultade de filoloxía da Coruña, procede de Carballo Calero e da chamada gramática de mínimos, está representada fundamentalmente pola gramática de Freixeiro Mato e propón, dentro xa digo das NOMIG, un galego máis próximo ao portugués e, como fai Callón neste manual, opta, dentro das solucións que ofrecen as NOMIG, polas comúns co portugués ou máis próximas a el.

Xa que logo, cómpre situar, aínda que dentro das NOMIG, a obra e as propostas de Callón dentro disto que poderiamos chamar escola coruñesa. A proba está en que Callón sempre cita como gramática de referencia a de Freixeiro Mato, mais nunca, nin sequera na bibliografía, as de referencia da escola do ILGa, como poderían ser as de Álvarez Blanco-Xove ou Hermida Gulías.

E que acontece coa práctica editorial galega ou mesmo coa que xorde da Administración? En xeral, séguese a práctica do ILGa. Habitualmente nas publicacións das nosas editoriais máis grandes e moi presentes no ensino séguese o modelo ILGa e empréganse habitualmente, se seguimos coas tres formas propostas por Callón a título de exemplo, amáble, Galicia, ata. E isto é así porque desde os primeiros tempos da normativización-normalización do galego para ter acceso a calquera subvención ou mesmo á autorización de libros de texto ou material didáctico había que seguir, na práctica, as instrucións do ILGa ao pé da letra. Eu que traballo desde o ano 1977 na confección de materiais en galego e de galego para o ensino en editoriais que podemos considerar grandes sempre recibín como primeira instrucción: Déixate de parvads filolóxicas e ILGa ao pé da letra. Non esquezamos que quen publicou as primeiras normas do ILGa foi precisamente a editorial Anaya, empresa matriz dunha editorial aínda hoxe tan importante como é Xerais.

O caso é que daquela esta opción da norma imponse nos oitenta do pasado século, xa non porque sexa mellor ou peor (non vou entrar niso), senón porque a efectos prácticos, para non ter ningún tipo de problema legal, o mellor era seguila ao pé da letra e esquecer calquera coqueteo, por pequeno que fose, coa chamada normativa de mínimos.

Xa que logo, o libro de Callón aposta, como xa dixemos e dentro das NOMIG, polas escollas da que eu aquí chamei escola coruñesa.

Isto vai producir algúns desaxustes. Malia o que din teoricamente os académicos nas NOMIG de 2003 sobre acudir ao portugués para, por exemplo, a creación de neoloxismos e tecnicismos, nos dicionarios académicos non se segue esta práctica. O normal é en moitos destes casos elixir o termo común co castelán, malia que no español de América exista o termo común co portugués. Así, a propósito de ordenador, Callón propón, de acordo co principio das NOMIG de inspirarse para os tecnicismos no portugués, computador. Deste xeito, Callón di que o termo que debemos empregar en galego é computador, coma no portugués ou mesmo no español de América, e non ordenador, como acontece no español peninsular. Mais esta proposta de Callón choca coa práctica dos dicionarios académicos. Os dicionarios académicos de 1997 e o castelán-galego de 2004 só rexistran computador, en masculino, como adxectivo. O DRAG de 1997 propón para este aparello electrónico a parella ordenador-computadora. O mesmo fai o castelán-galego de 2004. No dicionario dixital de 2012 cambia esta situación e pode usarse tanto computador como computadora como equivalente a ordenador. A Real Academia Galega reproduce neste caso ao pé da letra a última proposta da Real Academia Española. Actúa, evidentemente, como modelo para o tecnicismo non o portugués (proporía de seguir o portugués, como quere Callón, computador), senón o castelán da RAG.

Este é o problema, que se manifesta no léxico, mais tamén na morfosintaxe, sendo neste caso aínda máis grave, posto que non temos a día de hoxe unha gramática normativo-descritiva do galego referendada pola autoridade da RAG. Consultando os devanditos dicionarios da RAG, nos seus exemplos, o infinitivo conxugado non é usado, por exemplo, naqueles casos en que, moi acertadamente, Callón o propón como de uso obrigado.

Incide tamén Callón na pronuncia correcta do galego. Nalgún caso volve bater co criterio académico, aínda que tampouco contamos a día de hoxe cunha ortoloxía académica. Así cando fala da segunda forma do artigo determinado (varre-la casa, páx. 133) di que as NOMIG permiten facer as dúas lecturas posibles varrer a casa/varre-la casa. Mais as NOMIG din realmente: Aínda que non se represente graficamente, a única pronunciación recomendable é a que reproduce a segunda forma nos contextos sinalados: vender a casa [bendélakása] (páx. 85 das NOMIG).

En fin, temos que ler todos este libro porque, dentro da norma académica, propón un galego profundamente descastelanizado, é unha vacina moi boa contra o catelgalego e eu desexaría abrir a propósito deste libro un pequeno debate sobre a incoherencia que existe entre os principios das NOMIG e o labor efectivo de estandarización que está a realizar a RAG, especialmente nos seus dicionarios (da gramática e da ortoloxía nada hai de momento).

Neste sentido a última publicación estandarizadora da RAG, o dicionario dixital de 2012, supón unha incuestionable vía, de novo, de castelanización, como tentarei demostrar a seguir.

Callón ofrece un apéndice cunha listaxe de palabras que son incorrectas en galego, fundamentalmente castelanismos e á súa dereita coloca o termo considerado correcto pola RAG. Callón considera un castelanismo o emprego de achacar co valor de ´atribuír, imputar´. Mais a RAG considera esta acepción perfectamente válida.

O autor tamén sinala co asterisco de incorrecto o substantivo apartado e ordena a súa substitución por epígrafe, alínea, parágrafo. Esa era a postura da RAG no dicionario de 1997 e no de 2004. Mais no dixital de 2012 a RAG xa considera que apartado é correcto como substantivo masculino, no valor precisamente rexeitado por Callón.

Podería multiplicar casos coma este, mais non quero cansar o lector.

En fin que o libro de Callón, resulta moi apropiado para que todos tentemos falar e escribir un galego verdadeiramente identificado e descastelanizado e insírese dentro da liña das NOMIG que buscan un galego descastelanizado e integrado no tronco galego-portugués, na liña do ideal lingüístico das Irmandades-Nós, Carballo Calero, a gramática de mínimos e o que eu denomino Escola Coruñesa. Cómprenos canto antes que a RAG ultime unha gramática descritivo-normativa, así como unha ortoloxía. Debe, igual que a versión das NOMIG de 2003, acoller distintas solucións dentro evidentemente dun abano reducido, e que despois sexan os usuarios os que vaian optando polas que lles parezan mellores, tras seren analizadas e discutidas.

En canto ao dicionario de 2012, este supón, ao meu ver, unha castelanización e contradí, como tentei demostrar enriba, os principios de achegamento ao portugués para optar pola forma común co castelán. É tamén unha vergonza que non teñamos a súa versión en libro, pois a versión dixital non permite traballar doadamente con el. Ademais, o dicionario no formato tradicional, como dixen noutro lugar, é o símbolo material da lingua e da nación que fala esa lingua, un símbolo tan importante como pode ser a bandeira ou o himno.

Xa que logo, cómpren axiña e lean o libro de Callón, polos moi bos consellos que dá para fuxir do galego castelanizado e polo debate que ten que abrir na lingüística galega. Por outra banda, ao oíren a palabra debate ou mesmo existencia na normativa de formas alternativas, que non se escandalicen os de sempre. Iso mesmo acontece por exemplo co español, onde a propia RAG ofrece alternativas ou onde non coinciden, por exemplo, ás veces as propostas estandarizadoras do dicionario de erros e dúbidas da RAG coas que realiza o dicionario de dúbidas e erros máis prestixioso e espallado do castelán, o do académico Manuel Seco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

5 falante

O de que a informazón está agochada nos NOMIG é verídico e o de que a RAG opta polas solucións máis achegadas ó castelán tamén o é. Hai cousas incomprensíbeles na RAG, coma o feito de eliminar moreas de palabras de orixe cen por cen galego do seu dicionario, como por exemplo "xurdio". Se queremos salva-lo galego hai que mirar cara nós mesmos. Nun bando está un oficialismo que acaroase lixeiramente ó castelanismo e noutro os lusistas que queren sustitu-lo galego polo portugués. Entrementres o galego está a perder falantes e moita xente falante cada vez fala máis castrapo. Abofé que botase en falla un movemento coma o das Irmandades da Fala, xente que loitou pola nosa lingua, por facer vivi-la nosa fala outros mil anos máis, pola nosa identidade como pobo, pola nosa independenza en todolos eidos, porque a capital fora Santiago ou Lugo e non Madrid ou Lisboa e por non deixa-la nosa terra soa (e non "sola" ou "sozinha").

1 Coromines

Lê o que diziam e defendiam os membros das Irmandades da Fala ... e depois volta por aqui e falamos, ok?

2 falante

Cando atope vostede onde iles dixeron de instituí-lo portugués no canto do galego... daquela volva acó.

3 jos

http://carvalhocalero.academiagaleg... "Vicente Risco “galego e portugués son dous dialectos d’unha mesma lingua”[1]; “o galego e o portugués son duas formas do mesmo idioma”[2]. “o galego e o português são duas formas dialectais do mesmo idioma”[3] // A. Vilar Ponte: “Galiza considera o portugués como o galego nazonalizado e modernizado”[1]; “¿O es que todavia hay quien piensa [...] que nuestro idioma vernáculo y el idioma de Portugal no son uno y lo mismo [...]? [...] su unificación es tan fácil, si no más, que la realizada por flamencos y holandeses con el idioma común"

4 jos

Irmandades da Fala (históricas, de 1916): “todos estamos obligados a trabajar para que, en un próximo futuro, se llegue a una unificación lo más completa posible en la ortografía gallega por parte de nuestros escritores, hasta conseguir incluso identificarla con la portuguesa en la mayoría de los casos, toda vez que se trata, al fin y al cabo, de una misma lengua”[1]; “no existe término netamente portugués que no sea gallego, y viceversa”[2]; [1] Vocabulario Castellano-Gallego, Imprenta Moret, Crunha, 1933 (reeditado em 1970 pelo Padroado da Cultura Galega, Caracas), p. 8 [2] ibid., p. 5

5 falante

Pos o que che queres e en pequenos anacos para tentar convencer do que che interesa, Antón Vilar Ponte consideraba que galego e portugués conformaban un diasistema e apoiaba unha reunificazón futura onde o portugués e o galego chegasen a un acordo ortográfico de igual a igual, non impoñendo o portugués de Lisboa no canto do galego, que é o que vós desexades. O reintegrazonismo real (que non é necesariamente unha má idea) hoxe en día esta morto, agora só hai lusismo (sustituzón do galego polo portugués de Lisboa) que e semellante ó castelanismo pois non respecta a identidade propia dos galegos.

6 Akribéstaton

"Antón Vilar Ponte consideraba que galego e português conformabam un diasistema"; "[tal e tal] que é o que vós desexades"; "o reintegracionismo real (que non é necesariamente unha má idea) hoxe en dia está morto". Que prominente baixaria intelectual! (o real é o que não existe, ou o índio bom é o morto...). "Reintegrar" significa voltar a integrar em algo ao que se pertence e/ou restaurar a integridade de algo. Ou, em síntese e noutra intenção, restituir a alguém o que é seu. Se a identidade "própria" dos galegos é à entrega ao auto-desprezo, a renúncia a desenvolver as próprias possibilidades, podes ficar com ela toda. Todinha para ti.

7 jos

falante, não fazes patavina do que falas. O português de Lisboa está morto :-D 90% da nossa língua na rede é português do Brasil. Quando baixo um programa, filme, livro, etc. em galego internacional, quase sempre é na variedade brasileira. A minha filha mira a Galinha Pindadinha em pt-br. Mas os isolinos... sempre lustros atrás de tudo. Se vocês andarem na hora, qualificar-me-iam de brasileirista e não de lusista (que tanto faz, sou orgulhosamente lusista!), mas nem ai chegam. Ora, do castelhano bem dependentes que sois... seus lancrães! E não tergiverses a AVP, que ele era um lusista íntegro. Vós e mais o par ILGa-Rag ao vosso, castelhanear e necrofília ortográfica!

4 falante

Non estou dacordo con ninguén, nin con iste señor na súa totalidade (inda que ten un bo anaco de razón nalgunhas cousas), ni coa RAG-ILG, ni cos lusistas, nin moito menos cos castelanistas. Sobor o que di iste señor: - Non son nin "-ble", nin sequera "-bel", o verdadeiro xeito no galego é "-bele", e así escreberono a meirande parte dos literatos galegos ata a normativizazón. Tampouco nada se sabe do "-bre" que tanto uns coma outros condearon como hiperenxebrismo sen ningunha argumentazón. - "Ata" xa sae nos escritos galegos do século XII, desaconsellar neste caso o seu emprego por asemellarse máis ó castelán e unha trapallada. - Eu prefiro "Ghalisa". Por que ninguén aconsella o seu uso? Por que se agocha o seseo e a gheada? Inda hai diglosia no interior do propio galego? - No de "computador" ten razón, mais eu son partidario de "computadora", seguindo o exemplo de "calculadora" (máquina calculadora - máquina computadora).

1 Coromines

Por concordar, não concordas nem contigo próprio. Pois ala, a fazer mais uma normativa para ti ..

2 falante

Percura informazón (que non sexa AGAL nin TVG) e logo xulgas de verdade, sen dicir parvadas. Xente coma Manuel Lugrís ou Uxío Carré Alvarellos xa falaron no seu tempo do -BRE (a úneca terminazón xerada na fala popular e botada ó lixo baixo acusacións de "hiperenxebrismo"), do -BELE, do -BEL, etc..., mais con posterioridade a RAG e os lusistas fixechedes o que vos petou nas vosas "normativas". Des todolas partes interesa que o galego seña o menos galego posíbele, non hai maior explicazón.

3 Ex-lusista

Falante (sem cancelas): como bom neofalante educado no baralhete do burro das astúrias andas falando todo fachendoso sem saber que estás a meter a zoca: o que é isso do “seseo“? Quantas línguas românicas falam de “seseo“, fora da espanhola? Resposta: nenuhma. O “seseo“ é-che a maneira que têm os espanholitos (coma ti) de falar da ausência do (muito espanhol) thetaísmo. Capisci, ou sei-que a filoloxia tem-che já comestos os miólos? E a “gheada“? Resultado da aprendizagem imperfeita do espanhol por parte de falantes doutras línguas, seja a galega ou a inglesa? pensas que a gheada existiria se o castelám não estivesse implantado entre os galegos?

4 falante

Semellas ser un filologo de pau, non hai nin unha soa proba pola que a gheada teña a súa orixe na interferenza do castelán, é unha trapallada de teoría, xa que o fenómeno deuse en parroquias rurais illadas onde non houbo nin pinga de contacto co castelán durante séculos. Sobor a teoría do "thetaismo" bagullo da risa, outra das vosas aldraxadas para tentar defender que a fonética de Lisboa é millor cá da Galiza. Vivides de costas á realidade, hai trazos da lingua que xurdiron nun proceso durante séculos e non teñen necesariamente por que vir do castelán, a vosa semellanza cos "españolitos" indo contra a toda a identidade propia da fala, ende ben, non vos levará a ningures. Só espero que os da RAG e os castelanizantes señan os seguintes en ir canda vós.

5 Zurriega-burras

#4 Antes de dares palestras de filoloXia, seu (neo)falante(sem cancelas), tens de aprender a colocar os pronomes no seu lugar. Isto é algo que mesmo os lusistas (neo-falantes coma ti) são quem de fazer sem problemas. Mas tu nem aí chegaste. Por enquanto, tenta falar mais o galego e menos o castelám, e não argalhes a fraseologia do trampitám para neofalantes (“bagullo da risa!!!“), a menos que queiras fazer comédia. Uma língua decalcada da espanhola, como a tua, não deixa de ser espanhola, por muito léxico rural e antigo que andes a esgarabelhar por aqui e por acolá, tal como o faria um madrileno (ou um burro asturiano) com interesse nas falas, e a colar no mesmo espanhol ponto de partida e de chegada, que é o teu.

6 Zurriega-burras

De resto, tanto a gheada como o thetaísmo têm todas as hipóteses de serem castelanismo. O que cumpre fazer é demonstrar o contrário. Os neo-falantes de espanhol de língua nativa inglesa cometem os mesmos erros de gheada que os neo-falantes galegos de castelám cometiam. E isso do “seseo“ é já ridículo. Um conceito que só pode ser explicado da óptica do espanhol, e que só a filoloXia podia ter incorporado. Ainda mais ridículo é ouvir neofalantes coma ti, a falar com sotaque de madrid, empregando palavras muito enxebres, mas enfiadas numa estrutura claramente castelã, e pronunciando a gheada coma os de madrid, com esse som aspro que os paleofalantes galegos não eram quem de pronunciar. RIDICULO. Desliga a TVG e vai falar à aldeia cos velhos, sei-que has aprender qualquer cousa ...

7 IniciativaGhorxa

virarlle as costas aos paleofalantes é algo moi común, toda lingua forte ten que ter unha á que asoballar ou chamar inferior, antes era o propio castelán que o facía co galego, agora é o galego quen cuspe na gheada, seguimos marxinando e enviando á vergoña e autoodio de quen ao nacer foi o galego o que aprendeu, a gheada ten varias teorías sobre súa orixe, pero a día de hoxe, prácticamente se descarta o de ser castelanismo pois non ten ningunha lóxica (aplícase a gheada en palabras que levan G (ga, gue, gui, go e gu) e non as que levan X (que son as que substitúen o iota castelán)), deberías saber que entre as teorías máis extendidas hoxe en día é que sexa unha herdanza prerromana, ainda máis antiga ca o propio galego!! Malia todo debes saber que ante a dúbida o mellor que se pode facer é respeitala, que parecedes os sistema penitenciario americano, se é sospeitoso e de pel escura automáticamente hai que eliminalo.

3 O Príncipe dos Mouros

E a quen lle vén importando o prescritivismo lingüístico con cheiro ideolóxico do sr. Callón? A lingua é de todos e facémola todos. A ninguén lle interesan as opinións moi subxectivas e cuestionables deste personaxe. O galego debe ser fiel a si mesmo; non fiel á lingua do lado.

1 Akribéstaton

Homem, o pajem ex-ex-lusista. Como podes contradizer-te de modo tão flagrante? Por ventura o sr. Callón não é um desses que pode fazer a língua? "A lingua é de todos e facémola todos", "O galego debe ser fiel a si mesmo": frases inchadas de vazio quando não de resignação ou conformidade com a ignorância e o submetimento. Ou achas que galego é o mesmo que indiferente, ignorante ou submetido? Mas que perguntas tão fora de lugar! Tu és um narcisista que muda permanentemente de disfarce porque anseias e temes ser reconhecido. E nisto és coerente: no teu talante covarde, veleidoso e irrespeitoso. Porque a isso estás condenado. Ou melhor dizendo: estavas. Agora é claro por que como ex-lusista te ameaçavas com enfiar-te um eucalipto polo quê.

2 O Principe dos Mouros

Pedrito, a derradeira vez que quedamos ben que querías tú tamén o eucalipto. Non sei por qué vas agora de duro. O Callón só quere fazer cartos a conta do galego, eu polo menos fagoos a conta das locas coma ti, que van de filósofos gregos pero morren de ganas de chuchar no mastro dunha árbore austral, cando non de sentila ben adentro onde destilan a sua dialética. Vente conmigo a Urano, e abre os teus intestinos ao prazer non inteletual! http://bajolaatmosferadeurano.blogs...

3 Ex-lusista

Olha as duas tolas estas (o Príncipe marica das tenebras e o helenista intestinal). Só lhes falta o Callon para terem o ménage à trois arranjado. Com dous funcionários parasitas da Xunta (e esbirros do regime que tanto dizem combater ) polo menos que paguem eles o eucalito, que a loca de urano não tem um cão!

4 O Principe dos Mouros

O anterior comentario non é meu. É do psicópata de sempre que me persegue aló onde queira que eu vaia. Está tolamente namorado de min, pero eu son moi esixente. Non me deito con calquera.

5 O Principe dos Mouros

Pero quem queira unha sugada gratis pode chamarme aquí http://bajolaatmosferadeurano.blogs..., que eu fágoo de balde. Que lle queren, pásanos a todos os mariquitas feos !

2 Sra. de Fernández

E se tanto lle interesa o galego ¿como non coloca o libro na rede, gratis total?

1 Adolfo Bermúdez

Debes ser dos poucos que lle alimenta o aire.

2 Sra. de Fernández

Que se saiba non vive deso, e non ten un soldo de mileurista. Outros que si o teñen, ofrecen na rede os seus traballos. Se os mileuristas poden, a ver porque as clases altas non ¿Sabes o que é o afán de protagonismo ou a avaricia?

3 Seudónimo

Dende cando un profesor de secundaria é clase alta? En vez de traballar unidos insistamos en loitar todos contra todos, a ver canto tempo duramos.

4 pepón

Estou de acordo por unha vez coa Sra de Fernandez. Pero ainda maias, este libro tería que serlle pago pola Administraciçon ao Sr Callón ou outro filólogo. Para que está a Administración galega? en 2012 ainda non hai un dicionario galego académico en condicións. Por descontado o mesmo opino do castelán. Porque a RAG produce libros que hai que pagar cando a pagamos todos?

5 Sra. de Fernández

Sudónimo, un profesor de secundaria é un funcionario do grupo A, que non cobra o soldo dun mileurista do grupo E. Polo tanto é de clase alta.

6 Alba

Se un profe de instituto é clase alta é que non hai crise.

7 Seudónimo

Sra Fernández, por favor, revise os seus conceptos de socioloxía e do sistema de clases antes de escribir.

8 Nespereira

Ben, ata onde eu teño entendido o Sr Callón non é un profesor, cobra por iso él é un parásito sindical, perdón, quería dicir liberado sindical CIG, así que para non facer nada, bastante cobra xa.

9 Akribéstaton

Caro Nespereira, semanas depois desta conversa vens por cá a depor a mais batida falácia do falaciário, mais nojenta por batida que por falaz? Mais do que curto e falaz, és campeão em covardia.

1 antiburras

En resumo, que a RAG (AGE) de Ferrín, Filgueria Valverde, o sogro de Beiras e tal, opta sempre pola forma galego-española, e Carlos Calón, A Mesa (BNG) opta pola forma galego-pòrtuguesa. Até na ortografía se poñen en evidencia os da Administración General del Estado (AGE)

1 Galahaz

Que terá que ver o touciño coa velocidade? Algúns aburrides as ovellas co voso discurso monotema. Decote a falar do BNG e de AGE. Ademais, hai que ter un pouquiño de vergonza e saber medir os tempos, que non hai nin dous meses que levamos unha malleira enorme nas urnas (tanto uns coma outros). O galego é de todos os que o falan, de esquerdas, de dereitas, españolistas ou soberanistas. Deixade xa de amolar todo o día co mesmo.

2 artur

Pois eu pensei que Filgueira militaba en Dereita Galeguista.....que é o que nos fai falla pero xa!!, para captarmos á maioria do país para a causa....Polo demais, algúns palleiros mentais seguirán erre que erre até a autoinmolación total (da ineptitude política que destilan) e o galego (o idioma e o cidadán) non pode permitir-se depender e/ou agardar por/deles..

3 Barbante

Ainda bem que temos o Partido da Terra para a forma galego-portuguesa, ... O Calhão anda fino!