En Marea impulsará unha plataforma "galeguista" para presentarse ás eleccións

A formación di que a semana pasada celebráronse asembleas de En Marea con "éxito" e abordouse esta posibilidade de "retomar a iniciativa de crear unha plataforma galeguista".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2020 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

En Marea está disposta a presentarse a unhas supostos eleccións en xullo. Así o manifestou este grupo logo da xuntanza que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo cos principais grupos da oposición para analizar a data electoral que, o líder do PPdeG, quere poñer en xullo.

Luís Villares e membros de En Marea. EUROPA PRESS - Arquivo
Luís Villares e membros de En Marea. EUROPA PRESS - Arquivo

O membro da dirección Pancho Casal, que se mostrou seguro ao "99%" de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo optará polo 12 de xullo e, a preguntas dos xornalistas, sinalou que En Marea baralla impulsar de novo unha plataforma "galeguista" para presentarse ás eleccións, despois de que "por xenerosidade" decidisen non facelo o pasado mes de febreiro.

A preguntas dos xornalistas, sobre se En Marea vai reconsiderar a súa postura sobre presentarse ás eleccións autonómicas --o seu líder no Parlamento, o maxistrado Luís Villares retirouse da vida política, segundo anunciou--, Pancho Casal manifestou que "cambiou o país e o mundo" desde que En Marea adoptou aquela decisión e agora abriu unha "reflexión".

"Xogámonos que outra Galicia é posible", dixo, tras o que engadiu que, precisamente, a semana pasada, celebráronse asembleas de En Marea con "éxito" e abordouse esta posibilidade de "retomar a iniciativa de crear unha plataforma galeguista" con "garantías para enfrontarse ao goberno do PP".

Pancho Casal sinalou que "a situación política é diferente agora" e detectou que estes dous meses "a oposición desapareceu", polo que considera que "unha gran plataforma galeguista é unha boa idea que van tentar traballar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 Cansinos

Aburrides moito

6 Roxalia

Villares fuxiu covarde e co rabo entre as pernas despois de liquidar un espazo que conseguiu 400 mil votos. Alexandra Fernández vendeuse barata ao inimigo, La Vox de Galicia e BNG, que a consideran un trofeu de caza. Os conspiradores profisionais de Cerna xa romperon co resto. O que queda desta xente é un pólo sen cabeza. Se se presentan é para facer mal dividindo o voto anti-Feijóo.

5 Cidre

Xente da esquerda rupturista agarrámdose ao "galeguismo"...non cola. Son descarriados, a quen lles gañou o partido o BNG....ou perdérono eles, depende como se mire. Nada, poden axudar a facerlle a Feixóo máis fortalezas ainda

4 Xian do Sil

Falta a famiglia Baltar, tan galeguista ela. E tamén os Cuiña, outros grandes exemplos de galeguismo. Un pouco caciques todos eles, pero o caciquismo é máis galego que nada.

3 M.H.

Non estaría mal que se abra un espazp pra entrarlle no saco o PP e atraer ise voto galeguista que non é arredista. E pra iso tería que xuntar a CXG e outros grupos baix9o unha única sigla que fuxa dun radicalismo nacionalista que se conforma con ser sempre oposición.