Volotea aumenta este verán a súa oferta de asentos para voar desde Galicia

Serán 20.000 prazas a Baleares e Bilbao, un 300% máis que a tempada anterior.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/05/2020 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A aerolíña Volotea impulsará este verán a súa oferta en Galicia a través de máis de 20.000 prazas a Baleares e Bilbao, un 300% máis que a tempada anterior. En concreto, no mes de xullo porá en marcha dúas novas ligazóns entre o aeroporto de Santiago e as Illas Baleares: Eivissa (dous voos semanais os luns e venres desde o 3 de xullo) e Menorca (dúas frecuencias semanais os domingos e mércores a partir do 5 de xullo). Así mesmo, desde A Coruña, Volotea seguirá operando a súa conexión con Bilbao, con 2 frecuencias semanais (xoves e domingos a partir do mes de xullo).

Volotea
Volotea | Fonte: EP

A maiores, Volotea estuda tamén plans para impulsar o seu crecemento en Galicia. En concreto, a compañía subscribiu un principio de acordo con Iberia para operar determinadas rutas actualmente cubertas polo grupo IAG e/ou Air Europa, o que permitirá un importante incremento da presenza de Volotea en Galicia e, potencialmente, a apertura dunha base permanente para facilitar estas operacións e engadir destinos adicionais.

Este proxecto podería ser levado a cabo nos dous próximos anos e supor a creación de 200 empregos directos e indirectos en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta