A Xunta busca reactivar a economía galega cun plan de 3.000 millóns de fondos públicos e privados

Sanidade é a que leva a maior contía, con 450 millóns e destinaranse 334 para a dinamización da economía.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/06/2020 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O plan de reactivación e dinamización económica que este venres foi abordado polo Consello da Xunta prevé un montante de 1.700 millóns de fondos públicos --de distinta procedencia, incluída unha reorganización de orzamento galego-- e suporá a mobilización doutros 1.300 millóns, a maioría destes de fondos privados.

Consello da Xunta
Consello da Xunta | Fonte: David Cabezón - Xunta de Galicia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o titular de Facenda, Valeriano Martínez, debullaron algúns dos aspectos deste plan, que se deseñou tendo en conta as recomendacións do comité de expertos económicos que asesorou o Executivo galego na pandemia polo covid-19.

Na súa exposición, Feijóo defendeu a necesidade de contar cun plan que mire á recuperación económica durante os próximos dous anos, co horizonte de "recuperar o PIB" antes da pandemia. Así, dixo que se trata dun proxecto que deberá implementar o novo goberno que saia das urnas e asegurou que inclúe medidas que "serán contrastadas" no Parlamento.

"Galicia non pode esperar ao mes de agosto e setembro, non pode esperar ao diñeiro que teoricamente vai vir do Goberno central", matizou, no entanto, Feijóo.

Así, á marxe de avanzar "vacacións fiscais" para os impostos autonómicos ata o 1 de novembro (a data de finalización era xuño), Feijóo destacou que o plan de reactivación inclúe 3.043 millóns de euros: 1.741 de recursos públicos e 1.302 de recursos privados (maioritariamente).

PROGRAMAS CONCRETOS

Como detallou o conselleiro, agora cada departamento autonómico deberá elaborar os seus programas concretos para articular as medidas. O orzamento distribúese así: sanidade (450 millóns), área social (197), dinamización economía (334), educación (72 millóns), turismo e cultura (58 millóns), medio rural (161), mar (77), medio ambiente e vivenda (104) e infraestruturas e mobilidade (183 millóns).

Valeriano Martínez explicou que se "reordenaron 828 millóns" de orzamento propio, e dotáronse de 151 millóns do que se coñece como "défici adicional". Ademais, reprográmanse uns 256 millóns de fondos europeos --adiantando partidas como facilita a UE-- e adiantáronse actuacións que estaban previstas.

Tamén se estiman en 506 millóns de euros os que se recibirán do Goberno central, un cálculo "moi prudente", porque polo momento só se recibiron 43 millóns. "Seguiremos pelexando para recibir máis, porque a Galicia lle corresponde máis do que está formulado na repartición", advertiu, con todo, o conselleiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 frikijoles action

Xa estamos cos clásicos eufemismos pepeiros... de fondos públicos que iran os petos privados... (dos amigos seguramete)