Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/06/2020 | Actualizada ás 11:35
Un home tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios despois de quedar atrapado baixo o tractor que manexaba cando realizaba traballos no concello de Piñor, en Ourense, segundo o parte de incidencias do 112 Galicia. É o terceiro accidente nunha semana, tras a morte hai catro días doutro home en Soutomaior e a saída de vía doutro tractor en Maside.
O sinistro produciuse nun monte da parroquia de Carballeda. Ás 01.15 horas, unha persoa particular contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para solicitar axuda. Indicaba que un home quedara atrapado baixo a máquina agrícola que manexaba.
Ata o lugar desprazáronse os profesionais sanitarios e os Bombeiros do Carballiño-O Ribeiro para proceder á liberación do home, aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención.
ACCIDENTES
Por outra banda, cinco persoas resultaron feridas, das que dúas tiveron que ser excarceradas polos bombeiros, en senllos accidentes de tráfico rexistrados en Aranga e Fene, segundo recolle o parte de incidencias do 112.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.