Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2020 | Actualizada ás 21:00
O Colectivo de Artistas de Rúa da Asociación Circonove retomará a súa programación nas diferentes prazas de Santiago de Compostela.
A programación comezará este martes presentando o primerio Cabaré do Verán na Praza da Quintana as 19:30 horas. O espectáculo contará con todas as artistas do colectivo.
"Será unha ocasión na que queremos estar todas as artistas, para encontrarnos con todo o noso público, para mirarnos de novo aos ollos e para botar unhas risas detrás das mascarillas", indican as mulleres da Asociación Circonove.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.