Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2020 | Actualizada ás 11:23
Nos primeiros minutos da sesión de constitución do Parlamento Galego xa se coñece que veterano político popular e deputado pola provincia de Ourense, Miguel Santalices volverá presidir a Cámara no XI Lexislatura, acompañado de Diego Calvo e Corina Porro, deputados pola provincia A Coruña e Pontevedra, respectivamente.
Santalices foi reelixido como presidente do Parlamento con 42 votos a favor --os mesmos que escanos ten o seu partido-- e 32 en branco (falta un voto pola ausencia dunha deputada do BNG que está a piques de dar a luz). Estará acompañado na Mesa do Parlamento polos populares Diego Calvo como vicepresidente primeiro e Corina Porro como secretaria, que recibiron tamén 42 votos a favor e 32 en branco.
Ademais, sentarán na Mesa a deputada do BNG Montse Prado, que será vicepresidenta segunda, con 32 votos, e Marina Ortega, do PSdeG, que será vicesecretaria, cos mesmos votos.
Santalices, deputado autonómico desde o V Lexislatura, asumiu por primeira vez a Presidencia da Cámara en xaneiro de 2016 para relevar a Pilar Rojo, tras saír ela elixida como deputada do Congreso por Pontevedra nas eleccións xerais de decembro de 2015. O mesmo decorrer lle tocará a Diego Calvo que por primeira vez foi vicepresidente da Cámara na lexislatura pasada e repetirá este ano.
PEDRO PUY, PORTAVOZ
Os dous cargos restantes no órgano reitor da Cámara autonómica corresponden á oposición. Así, Montse Prado ocupará a vicepresidencia segunda en representación dos 19 escanos obtidos polo BNG e o PSdeG colocará, cos seus 14 deputados, a Marina Ortega como vicesecretaria segunda.
En canto á dirección do grupo, Pedro Puy seguirá como portavoz e contará con tres viceportavoces: Miguel Tellado, secretario xeral do partido, xunto con Elena Candia e Paula Prado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.