Por E.P. | A CORUÑA | 20/08/2020 | Actualizada ás 11:19
O PP reclama, a través dunha pregunta escrita do senador pola Coruña Miguel Lorenzo, que o Goberno central informe de "que medidas" tomará o Goberno central para "esclarecer" a morte do coruñés Diego Bello en Filipinas en xaneiro deste ano.
Lorenzo asegura, nun comunicado de prensa, que o informe elaborado pola Comisión de Dereitos Humanos do país asiático conclúe que a policía "disparou de forma deliberada" ao coruñés, que, lembra, rexentaba varios negocios na illa de Siargo.
Segundo indica o senador do PP, o informe "desmonta" a versión ofrecida ata a data polas autoridades filipinas de "lexítima defensa". É por iso que Lorenzo esixe "maior implicación" ao Goberno no caso, que considera "unha flagrante violación de dereitos humanos dun cidadán español no exterior".
O popular apunta que o Goberno está obrigado a ofrecer unha contestación á resposta exposta no prazo de 30 días, segundo o regulamento do Senado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.