Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2020 | Actualizada ás 20:13
Un home de 93 anos diagnosticado con COVID-19 e que permanecía ingresado no Hospital de Monforte faleceu este venres, polo que a cifra total de mortes sitúase en 636 na comunidade.
Fontes dos departamentos de Sanidade e Política Social confirmaron que o home que perdeu a vida procedía da residencia do Incio onde se rexistrou un numeroso brote nos últimos días, que supera o centenar de afectados.
As fontes sanitarias concretaron que o home presentaba patoloxías previas.
Co incremento dos brotes, as mortes ligadas á pandemia regresaron á Comunidade. O dunha muller de 91 anos o pasado 7 de agosto en Ourense foi o primeiro falecemento en Galicia desde o inicio da 'nova normalidade'. A comunidade encadeara ata ese momento case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados coa COVID-19.
Na pasada xornada, produciuse a morte dunha nonaxenaria nunha residencia de maiores no municipio de Culleredo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.