A Xunta autoriza a Repsol o proxecto de recolocación de petróglifos de Nostián, na Coruña

Por E.P. | A Coruña | 14/09/2020 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

A Xunta autorizou o proxecto de extracción, traslado e recolocación dos petróglifos de Nostián, o afloramento arqueolóxico que foi descuberto no trazado do futuro poliducto que quere construír Repsol para conectar a súa refinaría co porto exterior da Coruña.

Refinaría de Repsol na Coruña
Refinaría de Repsol na Coruña | Fonte: Gregorio Puga Bailón en Flickr.

Trátase, explica, dun "proxecto necesario para conseguir a autorización da obra e que foi presentado pola refinaría co obxectivo de protexer o conxunto antrópico e natural, formado por dous gravados circulares que, aínda que non son perceptibles a primeira ollada, están asociados a un conxunto de cazoletas de orixe natural".

Así, a autorización por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural supón a conclusión da primeira fase que continuará coa adecuación do trazado proxectado.

Cun prazo de execución de 50 días, a compañía informa que o plan "respectará a configuración actual do conxunto, retirando só os dous elementos circulares con incidencia na traza e restablecéndoos á súa localización orixinal, unha vez finalizadas as obras do poliducto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta