Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 10:03
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle este mércores, día 21 de outubro, o VII Gala de Premios Martín Códax da Música Galega, un encontro que se ía a realizar o pasado mes de maio e que foi aprazado pola pandemia da covid-19. Nun comunicado, a organización explicou que debido ás restricións sanitarias vixentes na cidade, o evento non será aberto ao público e só poderá estar presente un representante de cada proxecto finalista desta edición.
Con todo, as persoas que queiran seguir o evento en tempo real poderán facelo a través da retransmisión en streaming que se poderá ver na páxina web dos galardóns. Nesta edición, o actor e director teatral Gustavo Dieste será o encargado da dirección artística, mentres que a presentación e condución correrá a cargo da actriz e cantante Inés Salvado Gontad. Ademais, haberá música en vivo baixo a dirección musical de Pedro Lamas.
A pesar da complicada situación, a organización sinalou que hai case 600 inscricións de proxectos --139 máis que na edición anterior--, cuestión que considera que "demostra que o sector musical galego desborda talento e cantidade de proxectos". Así, apunta que todas as categorías aumentaron o volume das propostas e, nalgunhas delas, chegaron de lugares como Holanda, Sacramento ou Cardiff.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.