Presentada unha recreación 3D do campamento de Aquis Querquennis no parque do Xurés

Entre outros elementos derivados deste traballo, Manuel Baltar mencionou a recreación 3D do campamento romano Aquis Querquenis, que será utilizada nas APP para as visitas ao xacemento.

Por E.P. | OURENSE | 21/10/2020 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, entre outras autoridades, inauguraron este mércores o congreso virtual transfronteirizo do proxecto Gerês-Xurés Dinámico, organizado pola Deputación de Ourense e cofinanciado polo Programa Interreg V A España-Portugal, cuxa finalidade é promover a protección e xestión sustentable dos recursos naturais da Reserva da Biosfera do Gerês-Xurés (RBTGX).

Durante a apertura, Baltar destacou "a importancia do traballo en rede nun ámbito fundamental como son as iniciativas a favor do medio ambiente" e eloxiou "a cooperación entre administracións e tamén o público-privada para dar valor aos territorios transfronteirizos de Ourense e Portugal".

Entre outros elementos derivados deste traballo, Manuel Baltar mencionou a recreación 3D do campamento romano Aquis Querquenis, que será utilizada nas APP para as visitas ao xacemento. Trátase de cinco traballos audiovisuais nos que se combinan actores reais cunha recreación en 3D do campamento romano no momento do seu uso por un continxente militar localizado ao carón da Vía Nova, a calzada romana que comunicaba Braga con Astorga.

Pola súa banda, Nava Castro explicou que o traballo da Xunta para a dinamización desta reserva pasa pola creación, posta en marcha e comercialización dunha oferta turística "centrada no patrimonio cultural, especialmente ao redor do megalitismo e do turismo de natureza", incorporando o termalismo e a gastronomía como elementos transversais.

Cabras montesas no Xurés
Cabras montesas no Xurés

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta