Rachando cos roles que din que as mulleres non están feitas para ser científicas

Comeza a 2ª edición de Aquae STEM con webinars con referentes femininos en ciencia para fomentar as vocacións científicas entre as nenas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 22/10/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Tentar formas ás científicas do futuro. Ese é un dos obxectivos do programa  Aquae  STEM de  Viaqua e Fundación  Aquae que, na súa segunda edición, pon en marcha webinars con mulleres referentes no mundo da ciencia. O obxectivo deste programa educativo é fomentar o interese das alumnas de 2º a 6º de Primaria polas carreiras científicas

Nenas  desfrutando da ciencia no  programa  de Aquae  STEM de  Viaqua e Fundación  Aquae
Nenas desfrutando da ciencia no programa de Aquae STEM de Viaqua e Fundación Aquae

Un dos grandes problemas aos que se enfrontan as nenas desta idade para vincularse ás STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) é a falta de referentes femininos nestes campos. Neste sentido, Aquae STEM achegaralles mensualmente ás alumnas as experiencias de enxeñeiras, matemáticas,  biotecnólogas ou informáticas españolas para espertar o seu interese por estas disciplinas. 

Irene Lapuente, física de formación e especialista en comunicación e divulgación científica, será a condutora destes webinars. Irene é fundadora e directora da Mandarina de Newton, empresa que “marida” ciencia e tecnoloxía con disciplinas como a arte ou o deseño.

"ROLES FEMININOS"

"Actualmente estamos a vivir cambios importantes, pero ata o de agora os personaxes femininos das novelas, as películas ou as series infantís existían normalmente en relación a unha figura masculina e as súas vidas carecían de soños ou ambicións propias", asegura nun comunicado remitido por Viaqua. "Iso dificulta que as nenas se identifiquen con roles fortes e, aos poucos, o seu imaxinario énchese de opcións que as sitúan en segundo plano", engade. Por iso, insiste na necesidade de que as máis cativas teñan un referente feminino nestas áreas.

O primeiro webinar, que se realiza a finais deste mes, impárteo Monserrat Zamorano, a primeira enxeñeira de Camiños que se converte en catedrática pola Universidade de Granada.  Aquae STEM, que se puxo en marcha a finais de 2019, pechou a anterior edición coa participación de 2.500 nenas de 2º a 4º Primaria, ás que se sumarán as alumnas de 5º durante este novo curso, ademais de novos colexios que se adheriron ao programa. 

VOCACIÓN

O obxectivo é espertar vocacións entre as nenas nun sector con baixa presenza feminina: só o 28% da investigación científica en todo o mundo leva nome de muller, segundo a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). Segundo o informe ‘Descifrar as claves: a educación das mulleres e as nenas en materia de STEM’, que este organismo publicou en 2019, unicamente o 35% dos estudantes matriculados en carreiras STEM na educación superior son mulleres. 

"A discriminación por xénero empeza desde que nacemos. Os prexuízos sociais que arrastramos lévannos a esperar que as nenas sexan tranquilas, non falen alto, non se  ensucien, non corran… Pero as ansias de aprender non son tranquilas, a autoconfianza fai que queiras falar alto", destaca Lapuente. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta