Por E.P. | Ourense | 26/10/2020 | Actualizada ás 20:27
A Asociación para a defensa do Patrimonio Galego denunciou este luns que unha obra da Deputación de Ourense "pon en risco o patrimonio e a maxia" de San Pedro de Rocas, en Esgos, na Ribeira Sacra.
En concreto, denuncian que unha ampliación lateral da calzada de asfalto leva consigo "a talla de 83 árbores e a destrución do chan arqueolóxico".
"Pérdese o valor do conxunto, a maxia que acompaña ese acceso ao mosteiro e ponse en risco o patrimonio natural e cultural dun ben de interese cultural que abarca tamén esta área", recolle nun comunicado.
Engade, así mesmo, que o proxecto "contempla un uso desmedido do formigón, de pedra con cemento, e afecta á casa catalogada e ao cruceiro, que ha de ser trasladado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.