Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 13:29
Xallas Electricidad y Aleaciones (XEAL) informa de que reactivou de forma temporal un forno de silicomanganeso e recupera produción en Cee e Dumbría á vez que saca a 20 empregados do ERTE.
Deste xeito, a compañía (antiga Ferroatlántica) restablece parte do ritmo de produción coa apertura deste forno parado pola baixa demanda do mercado debido á pandemia.
A apertura do forno 14 débese a un pico de demanda que se prevé que se alongue durante dous meses, novembro e decembro, segundo explica a empresa nun comunicado.
"Desexamos que a demanda de ferroaleacións se recupere canto antes, pero lamentablemente a situación do mercado é moi complicada a nivel xeral e non prevemos unha recuperación sostida a curto prazo. Imos producir cando haxa demanda, mentres non a haxa continuaremos co noso plan de investimentos; é a mellor estratexia posible para ser competitivos e sustentables", sostén a directora corporativa de XEAL, María Couto.
Xunto a isto, a compañía subliña que desde a chegada de novos accionistas completáronse ou executado investimentos por valor de seis millóns de euros. O compromiso de XEAL é un investimento de 28 millóns ata 2024.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.