Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2020 | Actualizada ás 14:50
Novo intercambio de golpes entre a CIG-Ensino e a Consellería de Educación. Aínda que os focos están actualmente postos na xestión da Consellería de Sanidade, o secretario nacional da formación, Suso Bermello, levou este xoves ao parlamento a xestión de Educación dende o comezo da pandemia, que en moitas ocasións caracterizaron xa con epítetos negativos.
Nesta xornada, Bermello aproveitou para sinalar que "o ensino non foi en ningún momento unha prioridade nin para a Consellaría de Educación nin para a Xunta". Esta actitude apuntada polo secretario viuse referendada, na súa opinión, pola petición de Feijóo de poder dedicar os fondos destinados ao ámbito educativo a outros fins.
Segundo o sindicato, esta intencionalidade "manifesta" leva a que agora "exista unha desigualdade moi importante entre centros e etapas educativas". Segundo destacan, os ratios entre alumno e profesor seguen a ser "avultadas" en Primaria, Educación Especial e Educación Infantil, con ata 25 alumnos. Mentres tanto, en Secundaria e FP as variables son menores "grazas á presión social".
"NON SE CUMPREN AS INDICACIÓNS DA OMS"
Na mesma xornada, Bermello aproveitou para contrariar unha das principais alegacións do Conselleiro de Educación Román Rodríguez, que as aulas son seguras. Segundo destacou o sindicalista, "os centros de ensino non son nestes momentos lugares seguros" porque, de acordo coas súas palabras, na maior parte destes "non se cumpren as indicacións da OMS e outras organizacións científico-sanitarias".
Bermello aludía así á moi criticada medida do metro e medio entre pupitre, que a Xunta tivo que asumir logo de feroces críticas á distancia disposta nun comezo: tan só un metro. Neste aspecto, o representante sindical aludiu tamén aos "bandazos" da Consellería de Educación e criticou que "sempre foi detrás de todas as recomendacións científico-sanitarias, como acontece agora mesmo coas últimas evidencias sobre os contaxios a través dos aerosois"; unha medida que a Xunta "segue resistíndose" a ter en conta para novas medidas.
sa a ninguén.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.