Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/11/2020 | Actualizada ás 11:24
"Finalmente, me parece justo comentarte que no puedo corregir la redacción en gallego, como ya imaginarías. Los textos que no entiendo los traduzco en Google, y valoraré la redacción según el texto que me dea". Esta foi a contundente resposta que deu unha docente da Universidade da Coruña (UDC) a un alumno que presentou un traballo en galego e que decidiu denuncialo en redes.
@antonio_cendan colgaba na súa rede sociail, apontando que era a resposta que lle dera a súa profesora. "Ano 2020 universidade pública galega", indicaba na súa conta de Tuiter. Un chío que se fixo rapidamente viral tendo numerosas reaccións, case todas a poiando a dúa denuncia pública e criticando a actitude da docente.
Acábame de chegar esta resposta dunha profesora da UDC por enviar un traballo en galego, ANO 2020 UNIVERSIDADE PÚBLICA GALEGA pic.twitter.com/xOLlOqJNpP
— tonhin (@antonio_cendan) November 29, 2020
Algúns deles lembran que a normativa da lingua galega da UDC suliña que o galego será a lingua de "uso" desta universidade e calquera conduta por parte dun profesor que vulnere esta norma é motivo de denuncia. "Non contaba ter tal repercusión, mais falando cunha compañeira que recibiu a mesma mensaxe, esperamos que se tomen as medidas precisas e agardamos por unha desculpa, pero tendo sempre claro que cando se trata da defensa da lingua calar non é unha opción", escribía logo o estudante tras a repercusión do seu tuit inicial."
DESCULPA DA UDC
A Universidade da Coruña, pola súa banda, xa se pronunciou sobre a polémica e dirixiuse directamente aos alumnos afectados a través do seu perfil oficial na rede social'.
"Trasládovos a ti e á túa compañeira a desculpa da institución. É lamentable. Calar non é unha opción cando traballamos arreo por unha universidade pública, galega e feminista", sinala a universidade na súa resposta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.