Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2020 | Actualizada ás 19:24
Os deputados do PPdeG criticaron ao deputado socialista Pablo Arangüena por non felicitarlles o Nadal. A escena viviuse na Cámara galega na que Arangüena, que interveu en varias ocasións ao longo da mañá e da tarde, rematou felicitando a todos os deputados menos a a algúns do PPdeG.
O deputado socialista explicou o seu xesto pola súa proximidade ideolóxica con Vox, sen citar a quen exactamente. Isto provocou as protestas na bancada dos populares, ante o que o presidente da Cámara chamou á calma de todos e aclarou que o que el entendeu das palabras de Arangüena, precisamente, é que "todos" foran felicitados. "Eu síntome felicitado", rebateu.
Na Cámara galega tamén houbo outra lea este martes pero, desta volta, entre deputados do PPdeG. Así, o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, e o presidente da Cámara, o tamén popular Miguel Santalices, mantiveron un tirapuxa verbal á conta dunha camiseta que portou a portavoz do BNG en materia de enerxía, Noa Presas, no pleno da Cámara.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.