Temas: PP O IRIXO AMEAZAS

O portavoz do PP no Irixo denuncia ameazas nunha carta anónima

Presentou as correspondentes dilixencias no cuartel da Garda Civil

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/04/2025 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O portavoz de PP no Irixo, Manuel Cerceira, denunciou recibir ameazas contra a súa persoa nunha carta anónima recibida no seu domicilio. Por iso, interpuxo unha denuncia no cuartel da Garda Civil do Carballiño.

Diso informou o Partido Popular nun comunicado, no que explica que o portavoz do PP decidiu dar este paso despois de recibir constantes ameazas e mesmas acusacións sobre aspectos estritamente relacionados coa súa vida persoal.

Conforme indicou, esta situación empezou en agosto de 2023 despois da presentación da moción de censura contra o goberno popular, apenas 50 días despois de que tomase posesión como alcalde.

O propio Manuel Cerdeira sinalou que a vinculación destas ameazas coa crise política que se vive no Concello do Irixo "é a razón da denuncia presentada" e lamentou que se chegue a este tipo de situacións cando "máis aló das diferenzas entre partidos nunca houbo problemas persoais entre os membros da corporación, fosen da formación que fosen".

"Cando se deixa ao carón a defensa dunhas ideas e traspásase o límite persoal, iso xa non é política", apuntou, para asegurar que "chegou o momento de dicir basta e esixir que non se volvan a repetir".

Concello de O Irixo
Concello de O Irixo | Fonte: Páxinas Galegas

Temas: PP O IRIXO AMEAZAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta