A TVG destina 234.000 para o programa "Santa Misa"

A empresa adxudicataria terá que pagarlle ao cura ou bispo celebrante, o coro e os gastos da igrexa onde se celebre a gravación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/07/2013 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

A TVG acaba de sacar a concurso o servizo de gravación e transmisión de sinal do programa Santa Misa por un montante total de 234.000 euros. 

Retransmisión dunha misa na catedral de Santiago
Retransmisión dunha misa na catedral de Santiago

Deste xeito, a empresa que resulte adxudicataria, realizará a gravación audiovisual deste programa relixioso. O espazo ten unha duración aproximada de 30 minutos e consiste na gravación, unha vez por semana, dunha misa católica na igrexa que a TVG, S.A. determine. O lugar da gravación poderá ser modificado por TVG segundo as súa snecesidades, pero sempre dentro do termo municipal de Santiago de Compostela. A gravación deberá realizarse tódolos domingos en horario de mañá, para a súa transmisión en directo. De feito, actualmente a canle pública galega emite xa este programa desde as 10.00 horas ata as 10.30 horas os domingos.

Segundo o prego de condicións, o transporte do sinal correrá a cargo da Empresa adxudicataria, así como os gastos que se ocasionen polo pago ao celebrante, é dicir, ao cura ou bispo que celebre esa misa; o pago do coro e o pago dos gastos da igrexa en que se celebre.

Para a realización deste programa esixeselle ao adxudicatario unha unidade móbil lixeira de televisión cun vehículo furgón, catro cadeas de cámara triax e equipo de iluminación.

Sen vinculación laboral

Ademais ten a obriga de contar con persoal "necesario" que deberán estar "suficientemente capacitado e habilitado" que deberá estar contratado e dado de alta na Seguridade Social. En todo caso, no contrato queda claro, para evitar a vinculación laboral que algún xuíz xa decretou noutros programas, que a "TVG non terá vinculación algunha con este persoal, nin lle será esixible responsabilidade de ningunha clase como consecuencia das relacións existentes entre a empresa adxudicataria e os seus empregados".

Misa na catedral de Mondoñedo
Misa na catedral de Mondoñedo

O orzamento máximo por retransmisión é de 4.500 euros, máis IVE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

13 Bovary

Se hai demanda, haberá que cubrila que por algo é unha televisión pública non?

12 Caeiro

O bipartito pagaba o dobre pola misa. Miren as contas. Tamén prefiro a misa a Piñeiro e Gayoso xuntos. Estes dous representan o PP máis casposo, caciquil e antigalego que un pode maxinar. Hai que pechar TVG e adicar os centos de millóns aos dependentes.

11 Coiro

E canto cobra superpiñeiro pola súa ITV do amor? Obscenidade e mal gusto haiche a moreas na TVG, o caso da misa non é o que peor fede, abofé que non!.

10 ant0n

Se Susiño levantase a cabeza (ben se me entende)...

9 Ártabro

"TVG non terá vinculación algunha con este persoal..." En correcto galego esta negación debería estar escrita: "TVG non terá vinculación ningunha con este persoal...". Polo tanto, o que se está a dicir é que, efectivamente, si haberá unha vinculación laboral coa TVG.