A TVG destina 234.000 para o programa "Santa Misa"

A empresa adxudicataria terá que pagarlle ao cura ou bispo celebrante, o coro e os gastos da igrexa onde se celebre a gravación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/07/2013 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

A TVG acaba de sacar a concurso o servizo de gravación e transmisión de sinal do programa Santa Misa por un montante total de 234.000 euros. 

Retransmisión dunha misa na catedral de Santiago
Retransmisión dunha misa na catedral de Santiago

Deste xeito, a empresa que resulte adxudicataria, realizará a gravación audiovisual deste programa relixioso. O espazo ten unha duración aproximada de 30 minutos e consiste na gravación, unha vez por semana, dunha misa católica na igrexa que a TVG, S.A. determine. O lugar da gravación poderá ser modificado por TVG segundo as súa snecesidades, pero sempre dentro do termo municipal de Santiago de Compostela. A gravación deberá realizarse tódolos domingos en horario de mañá, para a súa transmisión en directo. De feito, actualmente a canle pública galega emite xa este programa desde as 10.00 horas ata as 10.30 horas os domingos.

Segundo o prego de condicións, o transporte do sinal correrá a cargo da Empresa adxudicataria, así como os gastos que se ocasionen polo pago ao celebrante, é dicir, ao cura ou bispo que celebre esa misa; o pago do coro e o pago dos gastos da igrexa en que se celebre.

Para a realización deste programa esixeselle ao adxudicatario unha unidade móbil lixeira de televisión cun vehículo furgón, catro cadeas de cámara triax e equipo de iluminación.

Sen vinculación laboral

Ademais ten a obriga de contar con persoal "necesario" que deberán estar "suficientemente capacitado e habilitado" que deberá estar contratado e dado de alta na Seguridade Social. En todo caso, no contrato queda claro, para evitar a vinculación laboral que algún xuíz xa decretou noutros programas, que a "TVG non terá vinculación algunha con este persoal, nin lle será esixible responsabilidade de ningunha clase como consecuencia das relacións existentes entre a empresa adxudicataria e os seus empregados".

Misa na catedral de Mondoñedo
Misa na catedral de Mondoñedo

O orzamento máximo por retransmisión é de 4.500 euros, máis IVE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

3 DigoEu

Váljame Dios...

2 Memorión

¿E lojo cando gobernaba o bloco non había Santa Misa?

1 Lubre

Que criterios moven a Xunta de Galicia para que, así, dun plumazo, usen parte dos meus impostos para un acto puramente supersticioso? É visto que unha superstición ben asentada pode durar milenios. Atrás quedarán guerras relixiosas, santos cadáveres , fogueiras habitadas por herexes e celebradas por bandadas de “carroñeiros”, ignorancia inducida e ben dosificada polos “torquemadas” de quenda, masas embrutecidas por fanatismos torpes e homicidas… Si, todo iso fica esquecido nesas misas teatrais nas que se dá por normal que os cristiáns se fagan antropófagos e devoren o corpo e beban o sangue dun home, aínda que este sexa Cristo.

1 lear

moi bonito, así vos vai no rural, a xente fuxe de vós como do lume por dicir cousas coma estas.

2 Caciques do S. XXI

Pois se fogem de que lhes diz a verdade, tenhem o que merecem...

3 Coiro

Lubre. Con que empregaras a metade da verborrea que espallas en respectar aos que pensan distinto ca ti, seguro que che había quedar moito mellor, si ho!. concordo ao 100% con Lear. Haiche moito ben informado que nos quere aprender o que é o cristianismo collendo a parte, a máis escura, polo todo. Os mesmos que presumen de seren patriotas pero logo só coñecen a historia de Galicia dende o século pasado, como moito. Non teñen nin idea de celtas, de Prisciliano, do primeiro reino cristián de Europa occidental... de moitas cousas que nos conforman, que nos definen. Con chantarlle unha estrela á bandeira xa o teñen feito, logo falan de castrexos e negan a Pondal ou a Cunqueiro e, por riba de todo, á igrexa, pero logo fachendean cos de fóra no Obradoiro ou na Quintana. Así temolo país.