Convocada a III edición do premio 'Fina Casalderrey' de literatura infantil para promover os valores da igualdade

Está impulsado por Baía Edicións coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/01/2021 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

O III certame 'Fina Casalderrey' sae adiante co obxectivo de que a lingua propia de Galicia se manteña aliñada con valores positivos e, neste caso, para promover a necesidade dunha literatura non sexista e que faga fronte ao discurso paternalista e patriarcal que aínda predomina na sociedade moderna.

Presentación do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil
Presentación do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil | Fonte: Xunta de Galicia.

Este premio, impulsado por Baía Edicións coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colle o seu nome da activista cultural e membro da Real Academia Galega, unha das figuras máis importantes e emblema da literatura infantil e xuvenil.

A propia escritora serviuse este luns das palabras de Xela Arias, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, para explicar a importancia, a necesidade e o obxectivo desta convocatoria. Así, citou unha intervención realizada en 1991 na que Arias denunciaba o escaso peso e visibilidade das autoras a pesar de contar con obras e poemarios publicados.

Casalderrey exemplificou esta realidade en que Arias é a "quinta muller" en 59 edicións do 17 de Maio. "Prefiro miralo doutro xeito, que no tres anos na segunda muller. A ver se imos avanzando", engadiu.

En todo caso, a académica apostou por traballar en valores "polos máis novos" e nas idades máis temperás, que é "onde se forxa a persoal". "É certo que a literatura quizais non poida cambiar o mundo, pero si pode remover conciencias".

Neste sentido, volveu citar a Arias para lembrar que "os primeiros anos dunha persoa son os que lle forman as tripas, son os que as revolven, torcen e fascinan ata conformar o que a ser de adulto".

Belén López, de Baía Edicións, detallou as bases do certame. O prazo permanecerá aberto ata ao 8 de marzo e os autores interesados deberán presentar orixinais de literatura infantil e xuvenil en galego e cun máximo de 5.000 caracteres.

O xurado valorará tanto a calidade literaria da peza como a presenza de elementos críticos e que cuestionen o modelo social sexista dominante. O premio ascenderá a 2.500 euros e a obra gañadora será publicada por Baía Edicións.

EDUCAR EN VALORES

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, incidiu pola súa banda en que o certame representa o "espírito" da súa acción: que a lingua acompañe e estea ligada a valores democráticos e positivos, sobre todo nas idades máis temperás.

Deste xeito, García destacou a importancia de fomentar este tipo de valores para avanzar cara á igualdade de xero efectiva, do mesmo xeito que se busca fomentar hábitos lingüísticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta