Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 26/01/2021 | Actualizada ás 17:03
A Orquestra Sinfónica de Galicia emitirá en directo e a través da súa canle de Youtube todos os seus concertos programados e afectados polas novas restricións, informa.
As tres próximas emisións terán lugar os días 29 de xaneiro e 5 e 12 de febreiro, ás 20 horas e irán precedidas da emisión dunha programación especial, desde as 19,30 horas, con fragmentos dalgúns dos concertos, entrevistas e reportaxes máis vistas dunha canle que conta xa con máis de cen mil subscritores de todo o mundo.
O día 29 de febreiro a OSG ofrece un monográfico dedicado a Richar Wagner para o que contará coa presenza de Matthias Goerne.
Baixo a dirección de Karl-Heinz Steffens,a OSG volverá reencontrarse co seu público virtual o día 5 de febreiro, cun programa no que soará o concerto para violín de Alban Berg e a Sinfonía número 1 de Robert Schumann.
O 12 de febreiro, o contrabaixo principal da orquestra galega, Risto Vuolanne, interpretará a parte solista na estrea do concerto para contrabaixo e orquestra, de Jukka Linkola. O programa, dirixido por Dima Slobodeniouk, pecharase coa interpretación da Sinfonía número 9, A Grande, de Schubert.
CANCELACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS NA CORUÑA
Por outro lado, o Concello da Coruña cancelou a actividade cultural da cidade programada nas seguintes tres semanas polas novas medidas sanitarias acordadas polo comité clínico e pospono para próximas datas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.