Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2021 | Actualizada ás 12:02
As eleccións do 14F en Cataluña seguen a marcar a axenda informativa, tamén en Galicia. Horas despois de que se coñeceran os resultados dunha cita electoral repleta de titulares o efecto expansio dos comicios chega xa ás augas das política galega, onde o triunfo do Independentismo --ou o de Salvador Illa?-- comeza a colleitar reaccións da man dos xefes da oposición no Parlamento Galego.
Por paradóxico que semelle, o único partido que, a priori, non xogaba nada nas eleccións catalás foi un dos máis activos nas súas reaccións. O BNG, único partido do arco parlamentar galego que, por razóns evidentes, non concorreu ao 14F, enfocou os comicios cataláns como un xuízo ao movemento independentista da comunidade; do que ERC, JxCat e as CUP saíron claramente beneficiados.
👏👏Parabéns ao soberanismo catalán pola súa clara vitoria de hoxe. Supera o 50% de voto popular e sube de 70 a 74 representantes. Refórzase a defensa do dereito a decidir fronte á represión e o centralismo. @Esquerra_ERC @JuntsXCat @cupnacional ✊
— BNG (@obloque) February 14, 2021
A maioría da sociedade catalá quere poder decidir libre e democraticamente o seu futuro. O futuro pasa por máis democracia máis dereitos. E pola vitoria do diálogo e a política fronte á represión e o españolismo máis autoritario. pic.twitter.com/AxGTuGsVdl
— BNG (@obloque) February 14, 2021
O BNG conxugaba así os parabéns ao movemento político soberanista á vez que denunciaba a "anomalía democrática" consistente en que "líderes políticos teñan que facer campaña electoral desde o exilio ou indo a durmir a unha prisión ao estar privados de liberdade por defender as súas ideas políticas e tentar levar á practica desde o Govern un mandato popular saído democraticamente das urnas".
O PSDG, DE CELEBRACIÓN
Ben distintas foron as reaccións do número un do PSdG, Gonzalo Caballero, que adoptou unha posición de partido á hora de ensalzar o trunfo de Salvador Illa --empatado en escanos coa formación de Aragonès pero primeiro en votos na Comunidade. Illa, que xa adiantou que se presentará á investidura malia non contar, en principio, cos apoios necesarios, recollía nestes termos os apoios do seu homólogo en Galicia.
Enhorabuena Salvador Illa por el gran resultado electoral de un PSC que ha ganado en Cataluña.
— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) February 14, 2021
Cataluña vuelve, como dice Salvador. Sin duda, la mejor opción para Cataluña y un respaldo también para el PSOE y el gobierno de España. pic.twitter.com/Nj3SLyjND2
O PSdG tamén aproveitou a noite electoral para apuntar á súa "preocupación" polo histórico ascenso de Vox, que pasou de non ter representación a se situar como cuarta forza con 11 deputados. "Mal asunto", resumía Caballero a respecto do sorpasso da formación Ultra ao PP, que tras estes comicios queda relegado a unha posición testemuñal no Parlamento Catalán.
Nos preocupa mucho el ascenso de la extrema derecha de Vox que da el sorpasso al PP y a Ciudadanos. El PP retrocede hasta niveles inferiores al 4% del voto y la competición entre derecha y extrema derecha se acelera. Mal asunto.
— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) February 14, 2021
En rolda de prensa, Gonzalo Caballero, considerou que os resultados obtidos por Salvador Illa, "reforzan" a posición do PSOE e do Goberno de España e chamou a abrir unha etapa de "diálogo" en Cataluña, encabezada por unha "maioría de esquerdas" co socialista como presidente.
Nunha rolda de prensa ofrecida este luns na Cámara galega, Gonzalo Caballero destacou que a votación transcorrese con "normalidade democrática" a pesar de rexistrarse unha caída da participación, cunha "abstención histórica" nun momento de pandemia. Tras iso, felicitou a Illa por converter ao PSC en "primeira forza" nun momento no que "é tan importante facer política para as persoas" e no que, na súa opinión, o eixo "esquerda-dereita" debería superar ao "soberanismo-constitucionalismo".
PPdeG
Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, considerou que o Partido Popular debe de facer unha "reflexión profunda" sobre o seu resultado nas eleccións catalás deste domingo pero rexeita que poña en cuestión o liderado de Pablo Casado á fronte da formación.
"O principal é analizar que fixo o partido que é capaz de gañar eleccións como en Galicia para non ter o resultado que confiaba en ter", asegurou Pedro Puy, que incidiu que iso "non pon en risco ningún tipo de liderado a nivel nacional". "O partido terá que tomar, con relación a Cataluña, as decisións oportunas", manifestou para insistir en que "afecta á posición do PP en Cataluña e non a liderados alleos ao que é a propia Cataluña".
SILENCIO DE FEIJÓO
Con todo, a estrepitosa caída do PP catalán non recibiu aínda reacción algunha por parte do homólogo galego. O acostumado silencio de Feijóo no tocante á estrutura do partido fóra de Galicia --co que leva tomando distancia dende o ascenso de Casado-- volve ter lugar no día despois destes comicios cataláns. O esborralle vivido nas filas de Génova, que levaba por candidato a Alejandro Fernández, non recibiu aínda resposta algunha da banda do número un dos populares en Galicia, nin tampouco da formación azul; a diferenza do acontecido no último día de campaña.
.@alejandroTGN se ha ganado el cariño de muchos ciudadanos por su claridad, centralidad y compromiso con Cataluña. Pido a los catalanes que este domingo conviertan este reconocimiento en confianza para hacer posible por fin la alternativa que se merecen #UnaCataluñaMejor pic.twitter.com/3EG3LGrxCk
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) February 12, 2021
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.