O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, reivindicou nun acto en Bilbao, no que el e outros tres presidentes autonómicos apoiaron ao candidato vasco, Javier de Andrés, a Galicia "aberta", do "sentidiño" e que "crece porque crece o conxunto" fronte a un nacionalismo que, ao seu modo de ver, busca "acantoar".