Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2024 | Actualizada ás 15:54
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou que as emendas á proposición de lei de amnistía poñen de manifesto quen "manda de verdade" sobre o titular do Executivo central, Pedro Sánchez. A preguntas dos xornalistas, con motivo da súa visita ás instalacións de Resonac, sinalou, ao ser cuestionado polas emendas pactadas polos socialistas con outras formacións políticas, entre elas o BNG, que "se mete todo pola porta de atrás".
Para Rueda, isto obedece ao "escurantismo" do PSOE e de Sánchez, que "agora di que hai que fiarse da realidade". "A realidade é que todos estes partidos, todo o independentismo, que ten hipotecado e atado de mans ao Goberno central, empeza a impor as súas condicións". "Se queremos saber o que está a pasar non vale de nada o que diga o PSOE, sobre Sánchez mandan de verdade os independentistas", recalcou. Ademais, asegurou que "o que se lle dá ao independentismo, o que coñecemos e o que non, vai en detrimento dos demais e tamén de Galicia". "Esa é a postura que podemos esperar, nada se nos vai a dar porque todo hai que dano aos outros", apostilou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.