A Xunta decide suspender o expediente aberto contra o Fuenlabrada e a Liga

A decisión tomouse despois de que un informe xurídico recomendase a suspensión atendendo ao principio de preferencia do procedemento penal sobre o administrativo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/02/2021 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

Consello  da  Xunta  tomou  a  decisión  de  suspender  temporalmente  o  expediente  aberto  ao  Club  de  Fútbol  Fuenlabrada  e  á  Liga  Profesional  de  Fútbol  polas  posibles  responsabilidades derivadas dos feitos que tiveron lugar o pasado 20 de xullo de 2020, cando  o  equipo  madrileño  se  desprazou  á  Coruña  para  xogar  un  partido  e  os  feitos  coincidiron  cun  gromo  de  coronavirus.  

A  decisión  adoptouse  tendo  en  conta  un  informe xurídico que  aconsella  a  suspensión  do  expediente  por  atoparse  aberto  un  procedemento xudicial. A Asesoría Xurídica Xeral da Xunta, tendo en conta a análise dos feitos e valoracións que  se  recollen  nun  informe  pericial  dun  experto  en  saúde  pública  solicitado  pola  Administración,  informou  a  favor  da  suspensión  temporal  do  expediente,  atendendo  ao  principio  de  preferencia  do  procedemento  penal  sobre  o  administrativo.

A Consellería de Sanidade, a través da súa Delegación Territorial na Coruña, investigaba a posible responsabilidade dos equipos directivos do Fuenlabrada e  da  Liga  de  Fútbol  no  incumprimento  das  normas  sanitarias  impostas  a  raíz  da  pandemia  de  coronavirus.  “Era,  polo  tanto,  un  expediente  administrativo  por  unha  posible  infracción  contra  a  saúde  pública,  en  canto  que  a  investigación  xudicial  do  Xulgado  número 6  da  Coruña se  basea  na  posible  comisión  dun  delito  de  lesións  o  doutro contra os dereitos dos traballadores”, indica a Xunta nun comunicado.

Pancarta na porta de acceso ao  Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada, en Madrid
Pancarta na porta de acceso ao Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada, en Madrid | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

EVITAR CONTRADICIÓNS

Malia tratarse de expedientes cun fundamento distinto, a Asesoría Xurídica aconsella a suspensión  temporal  do  que  tiña  aberto  a  Xunta  porque,  ademais  da  preferencia  do  procedemento  xudicial  sobre  o  administrativo,  aprécianse  outras  cuestións,  como  a  necesidade de evitar “unha contradición” se finalmente a Xustiza establece “uns feitos diferentes”.  Segundo  os  asesores  da  Xunta,  “esta  solución  evita  calquera  risco  de  eventuais contradicións entre a xurisdición penal e a administrativa en canto aos feitos e,  polo  tanto,  o  risco  xurídico  que  podería  afectar  o  resultado  útil  do  procedemento  administrativo e o ben xurídico que se pretende protexer nel, a saúde pública”.

Con todo, a Xunta aclara que a  decisión,  que  agora  se  deberá  comunicar  ao  xulgado  instrutor,  non  implica  que  renuncie  a  retomar  o  expediente  sancionador  unha  vez  rematado  o  proceso  xudicial.  De  feito,  no escrito  ao  xulgado  herculino  solicitarase  que,  en  canto  finalice  o  proceso  penal,  se  dea  conta  á  Administración  autonómica  ante  a  posibilidade  de  continuar  o  procedemento  sancionador  “partindo  dos  feitos  determinados  na  vía  penal”

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta