O BNG non acudirá ao acto do 23F no Congreso que presidirá Felipe VI

Tampouco o farán os deputados de ERC, Bildu, Junts, a CUP ou o PDeCat. Si estarán Más País e Unidas Podemos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2021 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Esquerra Republicana (ERC), Bildu, Junts, PDeCAT, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e a CUP decidiron non acudir este martes ao acto que organizará o Congreso para conmemorar o 40 aniversario do fracaso do intento golpista do 23 de febreiro de 1981 que presidirá o Rei Felipe VI.

A presidenta do Congreso, Meritxell Batet, será a encargada de abrir este acto, co que se pretende celebrar a "fortaleza" das institucións e da Constitución de 1978, segundo apuntou ela mesma esta semana. A cerimonia comezará á unha do mediodía no Salón de Pasos Perdidos e, tras a intervención de Batet, tomará a palabra o Xefe do Estado.

De entrada ERC, Bildu, Junts, o PDeCAT, o BNG e a CUP xa avanzaron a Europa Press que non asistirán a esta cerimonia, como adoitan facer nos actos nos que participa o Rei ou que conmemoran os aniversarios da Constitución. Quen confirmaron publicamente a súa asistencia, ademais do PSOE, o PP, Vox e Cds, é Unidas Podemos, que apoiou a celebración deste aniversario na Mesa do Congreso, así como Máis País-Equo e boa parte do Grupo Mixto.

A última vez que o Rei estivo no Congreso foi o pasado 2 de febreiro para asistir á Apertura Solemne das Cortes Xerais da XIV lexislatura. Un ano despois, regresa ao Palacio de San Jerónimo nesta ocasión para participar na citada efeméride.

Néstor Rego, deputado do BNG. BNG
Néstor Rego, deputado do BNG. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta