Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2021 | Actualizada ás 13:58
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu á Xunta o desenvolvemento dun plan que permita afrontar os "retos" de Dodro en infraestruturas e servizos en colaboración co goberno local.
No marco dunha visita ao municipio na que estivo acompañado do alcalde, Francisco Xavier Castro; Gonzalo Caballero reivindicou o traballo realizado polo goberno local para "sacar adiante" este concello pequeno que precisa de políticas públicas articuladas desde "todas as administracións" para axudar ao desenvolvemento da súa economía, potenciar os seus servizos sociais e garantir que os dereitos dos seus veciños sexan "iguais" aos dos residentes nas grandes cidades galegas.
Para iso, o xefe de filas dos socialistas galegos chamou ao Goberno galego a exercer como un "aliado" do municipio e a "non esquecerse da Galicia interior". Así, instouno a reunirse co alcalde para desenvolver un plan que faga fronte aos "retos" da localidade en materia de infraestruturas e permita atender as necesidades de modernización e investimento dos centros educativos, o ámbito sanitario e os sectores produtivos primarios e esenciais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.