O PP de Ourense mantén o seu veto a Villarino como candidato á Alcaldía nunha moción de censura

Di que non fará alcalde "a alguén que só se move pola súa ambición persoal".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2021 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Ourense insistiu este luns no seu veto ao portavoz municipal socialista, Rafael Villarino, como substituto ao actual rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, para chegar a asinar a moción de censura.

O pasado venres os socialistas presentaron no pleno municipal de Ourense unha moción, pola vía de urxencia, para instar o resto de grupos da oposición "a asinar xa" unha moción de censura contra o rexedor municipal polos últimos sucesos que o levaron ante Fiscalía.

O PSOE aseguraba que Jácome "non pode seguir na Alcaldía" tras as escoitas que revelan suposta coacción do seu asesor e unha das concelleiras críticas de Democracia Ourensá. Os socialistas sentenciaron que "se trata dun episodio de tantos que demostran a forma de gobernar do alcalde á marxe das regras do respecto institucional".

Pola súa banda, o Partido Popular volveu a insistir no seu veto a Rafael Villarino, o candidato socialista, asegurando que non farán alcalde "a alguén que só se move pola súa ambición persoal" e lembrando que "se designan a outro candidato" será cando estean dispostos a falar.

O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino. PSOE OURENSE - Arquivo
O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino. PSOE OURENSE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta