O candidato do PSdeG ás eleccións europeas, Nicolás González Casares, reivindicou aos socialistas como o "muro de contención" fronte á dereita que "se mimetiza coa ultradereita" e apostou por un PSOE que defende unha Europa "social, xusta e solidaria".
  comenta   0
Os ex presidentes das deputacións provinciais de Ourense e Pontevedra, Manuel Baltar e Carmela Silva, cobraron 47.448 euros como dirixente da institución e 65.054 euros como edil de Vigo, respectivamente, segundo figura na declaración presentada na Cámara Alta.
  comenta   0
Críticos de DO rompen a disciplina de voto do partido nunha moción e Jácome volve declaralos "tránsfugas".
  comenta   0
"Tiña mellores cousas que facer, máis interesantes que acudir" ao acto de conciliación presentado polo presidente da Deputación de Ourense.
  comenta   0
Vázquez reunirase o venres co PSOE e rexeita "cordóns santiarios" ou "liña vermellas" para a formación dun goberno "estable".
  comenta   0
Galicia Confidencial estivo cos principais candidatos destas eleccións nas grandes cidades. O gran ausente foi o rexedor de Vigo, Abel Caballero, que argumentou ter unha axenda moi apretada para evitar manter unha entrevista con este medio.
  comenta   0
“É un home de triste figura”. Así de contundente define o candidato do PSOE en Ourense a quen foi conselleiro e agora é alcalde da cidade. Villarino, alcalde en Amoeiro con maioría absoluta, aspira agora a xestionar a urbe máis grande da provincia. Presume de xestión e de partido, “máis unido que nunca”, e acusa a Pachi Vázquez de danar unhas siglas históricas por “ambicións persoais” e de levar “a un montón de xente con el ao abismo político e á desaparición”. De Baltar augara que quedará “só como alcalde de Esgos, e pouco máis” e de Jácome que é unha “personaxe” pero non descarta dialogar con el sempre que sexa polo ben da cidade.
  comenta   0