O alcalde do Barco presentarase ás primarias para elixir o secretario provincial do PSOE en Ourense

Tamén se poderían presentar Rafael Villarino e Noela Blanco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2021 | Actualizada ás 21:47

Comparte esta noticia

O alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, convocou aos medios este mércores para presentar a súa candidatura ás primarias para optar á secretaría provincial do PSOE en Ourense. O prazo para dar o paso termina, precisamente, este mércores.

Ademais de Alfredo García, faltaría a confirmación de se oficializa o paso para optar a repetir como líder en Ourense o actual secretario provincial, Rafael Villarino, situado na contorna de Gonzalo Caballero; e non se descarta a Noela Blanco, quen xa se presentou ás primarias en 2017 e perdeu fronte a Villarino.

Alfredo García, presidente da Fegamp e alcalde do Barco de Valdeorras. MIGUEL MUÑIZ - Arquivo
Alfredo García, presidente da Fegamp e alcalde do Barco de Valdeorras. MIGUEL MUÑIZ - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta