O BNG non descarta negociar co PP para aprobar os orzamentos do Concello de Ponteverda

Presentan unhas contas que soben a 98 millóns, un 3,6% máis, e apostará pola transición ecolóxica.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 22/11/2024 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O anteproxecto de orzamento do Concello de Pontevedra para 2025 alcanza os 98 millóns de euros, un 3,6% máis que en 2024, e apostará pola transición ecolóxica e por unha cidade máis verde. O BNG anuncia que negociará co PSdeG pero non pecha a porta a unha negociación co PPdeG.

As contas municipais foron avanzadas este venres polo edil de Economía e Facenda, Raimundo González, que compareceu en rolda de prensa para informar dos distintos capítulos que compoñen a súa proposta de orzamento para 2025. Así sinalou que, a partir de agora, o goberno local iniciará conversacións coa oposición, "fundamentalmente co socio prioritario, o PSOE", pero sen desaproveitar "a man tendida que nos fixo o Partido Popular".

Segundo indicou Raimundo González, estes orzamentos van supor "un salto adiante na transición ecolóxica" do municipio, "así como da súa promoción" con eventos como os Premios Feroz. Serán os orzamentos máis cuantiosos da historia do Concello de Pontevedra, cunha subida do 3,6% respecto dos orzamentos que agora están en vigor.

O concelleiro de Facenda non quixo pasar por alto este detalle posto que "non houbo un incremento nas taxas", que permanecen conxeladas desde hai xa 11 anos. O gasto de persoal sobe un 2,3% ata alcanzar os 29 millóns, o gasto corrente chega a 59,7 millóns (+6,8%), os gastos financeiros baixan un 15,1%, ata situarse en 343.000 euros, o capítulo de transferencias correntes chega aos 3,7 millóns (13,8%).

En cando aos investimentos reais e as transferencias de capital, baixan un 5,4% ata os 12,9 millóns de euros.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores | Fonte: Beatriz Ciscar - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta