Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2020 | Actualizada ás 21:20
"Cando non te presentas as elección, pero es protagonista". Así ironizaba o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome sobre a aparición duns folletos propagandísticos nos que o rexidor independente aparece ao carón de Alberto Núñez Feijóo coa lenda "letais para Ourense".
Nun post subido á rede social instagram, Pérez Jácome sinalou directamente ó PSOE ourensán como autor desta propaganda anónima, aínda que non aportou probas. "A horas do peche de campaña, reparten flyers con nocturnidade. Cobardía ao poder!", escribiu. O rexidor auriense aproveitou tamén para vencellar ó grupo de Villarino cunha pancarta disposta na cidade que situaba a Feijóo, Baltar e o propio Jácome baixo a mesma lenda.
Segundo apuntou o líder de Democracia Ourensana na mesma publicación en redes, a xunta electoral xa "identificou" ó PSOE por colocar un cartel que o rexedor calificou de "ilegal". Tamén Baltar asegurou contar uns días atrás con "documentación oficial" que probaba que o contratante do cartel era o PSOE ourensán. Esta mesma semana o cartel orixinal foi substituído por outro -neste caso xa co logotipo e as cores do partido socialista- que volvía a empregar o eslogan de "letais para Ourense".
"VOTAREI A FEIJÓO"
Os folletos, que segundo o líder de Democracia Ourensana apareceron esta mañá espallados nos parabrisas de vehículos da capital, aluden directamente ó sentido do voto de Gonzálo Pérez Jácome, que unhas semanas atrás anunciou abertamente que apoiaría a Feijóo no 12X "por ser quen máis pode facer para Ourense".
Tamén en Santiago apareceron varios zonas publicitarias con cartaces críticos contra a xestión de Feijóo e mensaxes que vencellan ó presidente 'popular' con empresas como Mercadona, Ence, Endesa ou La Voz de Galicia. Tamén nas redes circula desde hai semanas unha campaña baixo o hastag #byebyefeijoo. Ningún partido se vencellou con estas campañas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.