Críticas a Gonzalo Pérez Jácome por estar "sen máscara" nunha terraza logo do positivo do seu asesor

Oposición e tuiteiros atacan ó rexedor ourensano: "dimite xa!"

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Nova polémica da man de Gonzalo Pérez Jácome. Poucas horas despois de que se fixera pública a existencia dun positivo por covid-19 no entorno do rexedor -tratouse, en concreto, dun asesor da alcaldía- o alcalde de Ourense foi visto nunha terraza da cidade sen portar a máscara obrigatoria e "sen distancia", de acordo co sinalado polo usuario de twitter que publicou a imaxe.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, sen máscara nunha terraza o 22 de agosto de 2020
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, sen máscara nunha terraza o 22 de agosto de 2020 | Fonte: Twitter

A polémica fotografía vén de levantar os ánimos dos tuiteiros logo de que o sábado Jácome anunciara que non illaría ó persoal do Concello -que podería ter mantido contacto co infectado- de acordo cunha comunicación da Xunta de Galicia. De xeito paralelo, o rexedor afirmou que non existiran contactos estreitos entre o positivo e o resto do persoal, unha circunstancia que para os tuiteiros vén de ser posta en dúbida pola imaxe publicada en redes.

A imaxe, publicada en twitter na mañá do pasado domingo, xa recolleu as reaccións dos principais grupos da oposición municipal ourensana. O secretario provincial do PSdG Ourense, Rafael Villarino, e Luís Seara, responable do BNG na cidade, respondían así á estampa:

Á parte, a escena tamén recolleu mostras de enfado e rexeitamente por parte da comunidade tuiteira, que afeou ó alcalde o seu comportamento e chegou a pedir a súa dimisión

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta