Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/01/2021 | Actualizada ás 20:55
O primeiro pleno municipal do ano na cidade de Ourense estivo condicionado polas últimas decisións xudiciais sobre Democracia Ourensá (DO), pero tamén a iniciativa relativa ao Pacto Antitransfuguismo centrou un dos debates tensos dunha tensión na que socialistas, nacionalistas e Ciudadanos coincidiron en que o PP parece querer volver ao goberno.
Os críticos de DO romperon a disciplina de voto nunha moción e o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, volveu declaralos tránsfugas; pero si respectaron dita disciplina na primeira votación controvertida, a relativa a retira da orde do día do debate das retribucións pactadas co PP.
O resto de formacións asocia este paso a que tentarán renegociar para que o PP regrese ao goberno local. Tras o sobresemento provisional da causa polas supostas irregularidades nas subvencións a DO, Jácome afirmou na pasada xornada que os populares teñen as portas abertas a volver aínda que "actuaron fatal".
Os críticos votaron en contra de incluír esta cuestión na orde do día, como o resto do seu partido, e tamén o Partido Popular, mentres que foron PSOE, BNG e Cs os que o fixeron a favor. O resultado fixo que cada un dos membros da oposición destacase o "achegamento visible" entre DO e o Partido Popular.
Foi o portavoz de Ciudadanos, José Araújo, o que sinalou que "está claro que non se aproba a proposta porque o PP está a tentar chegar a outro acordo co goberno". Ao retirarse da orde do día, o secretario asegurou que non podían ser debatidas estas retribucións, non obstante a posibilidade do regreso do PP ao goberno centrou gran parte da atención da sesión, por iso o portavoz de Cs continuou dicindo "o Partido Popular empeza a acariñar os meles de volver ao goberno municipal cun alcalde que ten unhas formas de traballar que non comparte ninguén".
Na mesma liña postulouse un dos concelleiros do Partido Socialista que sinalou que "está a mover fíos e preparándose para volver ao goberno". Desde o BNG foi o portavoz, Luís Seara, o que engadiu que "o Partido Popular ten a intencionalidade de regresar o grupo de goberno porque non é explicable doutro xeito que se retire ata en tres ocasiones este punto da orde do día dos plenos".
"NAZIS CULTURAIS"
Quedándose sen resposta, a seguinte moción foi do Partido Popular pedindo ao goberno local que non se trasladase o Museo Municipal. Unha moción que deu lugar a un arduo debate entre os distintos grupos, especialmente entre o equipo de goberno de Democracia Ourensá e o Bloque Nacionalista Galego.
A oposición criticou a Jácome que "esta acción suporá un atentado contra a historia, os artistas e a cultura de Ourense". Ao que o rexedor municipal respondeu "creo na liberdade, non quero que me boten cultura, quero elixila, mentres que vostedes usan disciplinas soviéticas e chaman cultura a todo para financialo con diñeiro público".
Para a continuación acusar ao BNG de ser "nazis da cultura". "Fan o mesmo co museo que co idioma galego, concederlle un carácter divino", sentenciou. Por alusións Luís Seara, contraatacou: "Vostede é un seguidor de Trump e o verdadeiro supremacista, se estivese en Estados Unidos estaría a asaltar o Capitolio".
RUPTURA DA DISCIPLINA DE VOTO
Tras a lea, chegou o momento da votación e foi aquí cando os críticos de Democracia Ourensá romperon a disciplina de voto apoiando a moción. Supuxo que o líder de DO anunciase que "en breve volverán ser declarados de novo tránsfugas. "Romperon a disciplina do partido, non queren unha cunca pois que tomen dúas", dixo.
PACTO ANTITRANSFUGUISMO
O resto da sesión plenaria continuou dentro da normalidade ata chegar á última moción, presentada por Democracia Ourensá, sobre a adhesión do Concello de Ourense ao Pacto Antitransfuguismo así como á declaración da Federación Española de Municipios e Provincias.
Os partidos da oposición acusaron ao rexedor de querer meterse agora neste pacto porque "lle afecta persoalmetne". "Vostede mataría porque o Partido Popular o fixese alcalde", advertiu ao socialista Rafael Villarino. Mentres que ao Partido Popular indicoulle que "teñen unha gran relación cos tránsfugas por iso é polo que non apoian a moción".
A moción aprobouse por unanimidade, co voto dos críticos de DO, o que motivou as crítricas de Jácome. "Votan os tránsfugas a favor se é que non se pode ser máis surrealista", concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.