Pillan o concelleiro e vicepresidente da Deputación de Ourense facendo debuxos durante o pleno municipal

Os socialistas publican imaxes de Armando Ojea (Democracia Ourensana) debuxando un paxaro e unha flor, desatendendo o pleno.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 09/08/2019 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Na memoria de moitos están as imaxes de políticos en parlamentos pasando do que acontece nos debates políticos, atendendo a outras cousas, como a célebre imaxe de Celia Villalobos (PP) cando era vicepresidenta primeira do Congreso dos Deputados xogando ao Candy Crush durante o Debate do Estado da Nación mentres presidía o discurso do por entón presidente do Goberno español, Mariano Rajoy. Hoxe, o PSdeG denuncia un caso similar, neste caso no pleno de Ourense, durante o cal o edil de Democracia Ourensana, e vicepresidente da Deputación, Armando Ojea, se dedicou a facer debuxos sobre uns papeis oficiais.

O edil de Democracia Ourensana, e vicepresidente da Deputación, Armando Ojea, debuxando durante un pleno municipal
O edil de Democracia Ourensana, e vicepresidente da Deputación, Armando Ojea, debuxando durante un pleno municipal | Fonte: Rafael Villarino.

Rafael Villarino, secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, compartiu un vídeo no que se ve a Ojea debuxando un paxaro sobre papeis oficiais mentres interviña o concelleiro de Ciudadanos José Araújo. Noutra imaxe publicada polos socialistas galegos tamén se lle ve pintando unha flor.

"Así «traballa» Armando Ojea, membro do grupo de goberno e vicepresidente da Deputación", publicou.

O propio Villarino ironizou sobre a imaxe na que se lle ve pintando unha rosa: "No Pleno do concello de Ourense. Armando Ojea, Concelleiro de DO no grupo de goberno e vicepresidente da Deputación, amosando a súa afinidade polo PSdeG-PSOE".

O PSdeG de Ourense acusa a Ojea de "400 euros da cidadanía por facer garabatos, namentres se debaten cuestións de importancia para a cidadanía". Tamén o BNG se sumou a estas críticas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Riolo

No hay problema en que se dibuje mientras se atiende. Es algo que muchos hacen como una forma de concentración.En algunos casos hasta es inconsciente.Lo grave sería que hicieran como Pepiño Blanco, PSOE, al que pillaron durmiendo, o lo de Celia Villalobos a la que pillaron jugando al Candy Crush. Esta último respondió con su despotismo habitual.

2 Sentidiño

Marx me libre de simpatizar con DO (Ribeiro?), pero: a) dáselle bastante ben; b) moita xente intelixente debuxa ou fai garabatos mentres reflexiona. O tal Villarino aproveita que en agosto non hai de qué falar...

1 Gamela

Se queremos falamos das nóminas da democracia? Son moi interesantes! https://twitter.com/GamelaNova/stat...