O BNG insistirá na rebaixa "inmediata" da AP-9 cunha nova caravana de vehículos

Está convocada para este domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2021 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

O BNG chama a mobilización cidadá con outra caravana de coches, que terá lugar este domingo en Santiago de Compostela, para reclamar ao Goberno estatal a rebaixa inmediata das peaxes da AP-9.

Nunha rolda de prensa ofrecida este venres, 11 de marzo, desde a sede da formación na capital galega, o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, anunciou esta segunda acción reivindicativa que se producirá 15 días despois da primeira, celebrada na Coruña.

O BNG celebra que o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, confirmase esta semana no Congreso "o compromiso" do Goberno a "dar cumprimento do acordo" de investidura, que contempla o abaratamento da AP-9.

Con todo, os nacionalistas entenden "que houbo tempo máis que suficiente para o proceso de negociación con Audasa", así como para tramitar o decreto que permita esta rebaixa. E é que os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2021 conteñen unha partida de máis de 50 millóns de euros para que este abaratamento sexa unha realidade.

"Reiteramos a esixencia de que se faga de maneira inmediata", sentenciou Rego, para xustificar a caravana de coches que marchará por Santiago o domingo.

Varias persoas participan nunha caravana de vehículos convocada polo BNG para reivindicar a rebaixa das peaxes na AP-9, na Coruña, Galicia (España), a 28 de febreiro de 2021.. M. Dylan - Europa Press
Varias persoas participan nunha caravana de vehículos convocada polo BNG para reivindicar a rebaixa das peaxes na AP-9, na Coruña, Galicia (España), a 28 de febreiro de 2021.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Amancio

Debaixo deste comentario podedes ver dous exemplares de non-nacionalistas preocupados polos 'problemas reales de la gente'.

1 Xian do Sil

Claro, para preocuparse de los problemas reales de la gente los del BNG sacan la bandera de los regímenes comunistas que multiplicaron los problemas exponencialmente. Vete a Corea del Norte.

1 nostrus

Para ilustrar este artigo puxeron unha foto na que se aprecian bandeiras galegas manchadas ca estrela bloqueira que producen o mesmo rechazo que a bandeira española do aguilucho ou a vermella ca fouce e o martelo. Manchar a bandeira galega ca estrela non é delito, pero supón un grave atentado o bon gusto e dice moito de quen o fai.

1 Riolo

Nostrus, te pasas de políticamente correcto. Lo que llamas aguilucho abunda en todo tipo de monumentos construidos por medio mundo en los últimos 5 siglos. En cambio la asquerosa estrella roja es la de los regímenes más genocidas que padeció la humanidad. Ofende a todo gallego decente.

2 nostrus

Riolo, yo me refiero a la ex-bandera de España que usan grupos de la misma calaña que los comunistoides.